Skip to Content

INAUGURACIÓN DOS ACTOS DO 50 ANIVERSARIO DO CPI RAMÓN PIÑEIRO.

Despois de moitos meses de traballo o pasado día 30 de abril inauguráronse no CPI Ramón Piñeiro os actos conmemorativos do 50 aniversario do centro. A xornada contou coa presenza do Conselleiro de Educación D. Román Rodríguez xunto con outras autoridades así como directivos e ex directivos do centro, profesores, representantes de pais e de alumnos e outros membros da comunidade educativa.
A xornada tamén serviu para inaugurar a exposición "Un paseo polo tempo" que conta con máis de 700 fotos que constitúen un percorrido polas diferentes xeracións de alumnos e profesores durante estes 50 anos de vida. Tamén conta con outros materiais antigos relacionados coa historia do centro, así como documentos históricos.
A exposición, situada no salón de actos do centro, estará aberta ao público en xeral durante todas as xornadas lectivas ata final deste ano 2024 en horario de 9:30 a 15:00 horas. Convidámosvos a visitala, merece moito a pena.

ACREDITACIÓN DA COMPETENCIA DIXITAL DO ALUMNADO

Ven de saír publicada a Resolución do 28 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023/24.

O alumnado de 4º da ESO que titule, obterá o nivel de iniciación en competencia dixital. Aínda que en 2º BAC poderá obter o nivel intermedio, pode tentar acadalo neste curso. Para iso, deberá realizar unha proba composta de 60 preguntas(12 por competencia), nunha proba que durará 90 minutos e que se realizará no centro no mes de Maio.

A continuación deixamos información resumida e enlaces á información completa:

Competencias dixitais

Marco galego de competencias dixitais

A acreditación da competencia dixital do alumnado pode ser:

O PRAZO PARA A ENTREGA DAS SOLICITUDES PARA REALIZAR ESTA PROBA VOLUNTARIA REMATA O 14 DE MARZO (ACHÉGASE COMO ADXUNTO MODELO DE SOLICITUDE A ENTREGAR NA SECRETARÍA DO CENTRO)

As certificacións en ambos os dous cursos, terán unha validez de 5 anos.

Podedes atopar máis información en https://www.edu.xunta.gal/portal/competenciadixital/alumnado

E tamén tedes acceso a unha "demo" na seguinte dirección:

PDF Modelo solicitude acreditación dixital voluntaria alumnado 2024.pdf
DOC Modelo solicitude acreditación dixital voluntaria alumnado 2024.doc

É tempo de felicitacións

postal2023

Coa postal gañadora do concurso deste ano, obra de Aarón Folgueiras de 3º de Primaria, o CPI Ramón Piñeiro desexa a toda a comunidade educativa unhas Felices Festas

------------------------ ------------------------

 

postal biblioteca

Distribuir contenido


by Dr. Radut