Skip to Content

Experimento "Volcán"

volcán

ALUMNOS DE INFANTIL [novembro 2020]: "Volcán". Primeiro facemos un volcán con masa branca e pintámolo. E despois creamos a lava con bicarbonato, vinagre, xabón e colorantes.

Video experimento

Modificación temporal da xornada escolar

Saúdos

"Como ben sabedes, este curso adoptáronse unha gran cantidade de medidas e cambios no funcionamento do noso centro educativo na procura dun espazo de convivencia o máis seguro posible para tod@s, no marco do complicado momento que estamos a vivir por mor da crise do COVID19.

Entre esas medidas, ao comezo de curso acordouse solicitar á Consellería de Educación unha modificación temporal da xornada escolar de luns e martes, asemellándoa o máis posible á que temos para mércores xoves e venres, días estes que consideramos máis seguros ao ter unha dinámica de funcionamento máis sinxela: desta forma todos os días da semana se entraría e se sairía do centro á mesma hora.

O pasado mércores 28 de outubro recibimos confirmación oficial de que o proxecto de modificación temporal da xornada enviado no seu momento a Consellería de Educación, foi aprobado pola Xefatura Territorial de Educación de Lugo, polo que a partir da próxima semana o horario de saída do centro do alumnado será as 15:40 horas de luns a venres. Esta modificación excepcional, que se manterá mentres se manteña a situación xerada polo COVID, supón ter horarios e rutinas idénticas para todos os alumnos/as de infantil e primaria de luns a venres, precisando certos axustes na distribución interna das horas de clase de luns e martes para os alumnos/as da ESO.

En resumo, a partir do vindeiro luns 2 de novembro de 2020 e ata novo aviso, o horario de funcionamento do CPI Ramón Piñeiro será de luns a venres de 9:30 horas a 15:40 horas."

Inicio curso 2020-2021

Bos días:

Como ben sabedes o curso escolar 2020-21 preséntase como un curso ben diferente ao habitual debido ao contexto actual. A pandemia creada polo  COVID19 que se estendeu no noso país para partir do mes de marzo, afecta a todos os estamentos sociais de todos os países do mundo e evidentemente nós non somos unha excepción.

Partindo desta situación ben coñecida por todos, a Consellería de Sanidade e Educación elaboraron un estrito protocolo de funcionamento para os centros educativos que condicionará enormemente o desenvolvemento do presente curso (modificado parcialmente o pasado 31 de agosto). No CPI Ramón Piñeiro levamos traballando varias semanas na adaptación do centro para poder implantar o devandito protocolo da forma máis conveniente posible. O pasado luns constituíuse no noso centro educativo o “equipo  COVID”, encargado de coordinar e elaborar o noso “Plan de adaptación ao contexto  COVID” que conlevará moitos cambios no funcionamento ordinario do centro: nas fotos adxuntas podedes ver algunhas adaptacións que xa se levaron a cabo. Nos próximos días manteranse reunións cos representantes de pais no  Consello Escolar, co ANPA do centro e co  Concello de Láncara; nas devanditas reunións trasladaranse aspectos xerais da organización e informarase das necesidades especiais do centro para este curso 2020-21.

O profesorado e persoal non docente do centro xa empezou a realizarse as probas  COVID previstas, e ao longo desta semana todo o persoal do centro deberá pasar polo centro de saúdo de Láncara para realizar as devanditas probas  serolóxicas.

O día 31 de agosto as Consellerías introduciron numerosas modificacións no protocolo inicial, o que supón importantes cambios no que tiñamos xa planificado. Tamén se graduou o inicio das clases de modo que o día 10 de  setembro empezarán o curso os alumnos/as de Infantil de 3 e 4 anos xunto cos alumnos/as de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria; o día 11 de setembro empezarán o curso os alumnos de Infantil de 5 anos e os de Primaria de 4º, 5º e 6º.

O venres 11 de setembro a Consellería de Educación acordou atrasar o inicio de curso para diferentes etapas educativas, entre elas a ESO. Aínda que o noso centro estaba preparado para iniciar o curso na data inicialmente fixada, nos vemos na obriga de adaptar o inicio de curso á resolución da Consellería de Educación. Por tanto, e no que afecta o noso centro, os alumnos de 1º e 2º de ESO, comezarán as clases o mércores 23 de setembro, os de 3º de ESO comezarán o xoves 24, e finalmente os de 4º de ESO comezarán as clases o venres 25 de setembro.

Aos poucos irémosvos informando de todas as novidades que teremos no centro durante este curso que non son poucas nin fáciles, e que precisarán da colaboración e responsabilidade de toda a comunidade educativa.

Moito ánimo a todos, seguiremos informando.

O director
Carlos Carballo Sieiro

Programacións adaptadas

A PROGRAMACIÓN ADAPTADA, POR CURSOS OU MATERIAS

 

 
Descarga a programación adaptada,
por cursos ou por materias
  Descarga a programación adaptada,
por cursos ou por materias
Orientación

Videos confinamento

6º Primaria   5º Primaria   3º Primaria   1º Primaria    

"Yo me quedo en casa"

 

"Todo sairá ben"

 

"Volveremos"

 

"Nada tiene de malo"

 

 

Ver vídeo
 

Ver vídeo
 

Ver vídeo
 

Ver vídeo
   

 

Infantil 4 anos   Infantil 3 anos            

"Juntos somos fuertes"

 

"Poñendo cor a estes días"

           

Ver vídeo
 

Ver vídeo
           

Últimas informacións publicadas polo Miniterio de Educación e Formación Profesional, e pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Nas ligazóns que tedes a continuación podedes ver as últimas informacións publicadas polo Ministerio e pola  Consellería de Educación de Galicia, en relación ao desenvolvemento do terceiro trimestre nos centros educativos:

    https://www.educacionyfp.gob.es/prensa/actualidad/2020/04/20200415-sectorial.html

    https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30850

 
En breve recibiredes información máis concreta de cómo se desenvolverá o trimestre final deste curso 2019-20 no nos centro educativo.

Un saúdo

Importante para as familias

Prezadas familias:

Para os que aínda non o fixestes, sería importante que descargarades a aplicación para o teléfono móbil AbalarMóbil, o cal vos permitíría, entre outras funcións, acceder ás cualificacións dos vosos fillos, faltas de asistencia, conduta, notificacións, etc., permitindo un contacto directo entre o centro e as familias.

IMPORTATE. Para darvos de alta tedes que dar o mesmo número de teléfono móbil que aparece no expediente dos vosos fillos.

   
Guía para as
familias
 

Instalación e rexistro
de Abalar Móbil

  Funcionalidades
de Abalar Móbil

 Moitas grazas pola vosa colaboración.

Distribuir contenido


by Dr. Radut