Skip to Content

Información ás familias (II)

Queridas familias:

 

A Orde do 27 de marzo de 2020 establece as bases reguladoras das axudas ás familias do alumnado beneficiario de bolsas a usuarios gratuítos e semi-gratuítos de comedor escolar (os que non pagan ou pagan 1 €) centros educativos públicos xestionados por esta consellería durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19.

De forma resumida esta orde estable o procedemento para seguir por parte das familias para solicitar unha compensación económica polos días que os alumnos/as con dereito a comedor non puideron asistir ao mesmo debido ao peche dos centros educativos. Esta compensación económica será de 2,50 € / día para o alumnado que non paga taxas, e de 1,50 € /día para o alumnado que paga 1 € por día de non asistencia ao comedor escolar.

Aínda que as solicitudes deberán tramitalas as familias por vía electrónica no portal da Xunta de Galicia, dadas as circunstancias dende o CPI Ramón Piñeiro queremos facilitar este trámite facendo nós a xestión para quen así o prefira. Deste xeito podedes enviar o número de conta no que queredes recibir a compensación económica ao correo electrónico da administrativa do centro, yolanda.sanchez@edu.xunta.es, sinalando o nome e apelidos do pai/nai solicitante, e o nome apelidos e curso do alumno/a (do resto dos datos xa dispoñemos no centro educativo), e nós realizaremos o trámite por vós. Aínda que o prazo sinalado pola Consellería remata o luns día 6 de abril, para que nos de tempo a facer a xestión precisamos que a máis tardar enviedes o citado número de conta antes do venres 3 de abril.

Un saúdo para tod@s e moito ánimo. Desta sairemos tod@s xuntos !!!

                     O director
   
              Carlos Carballo Sieiro

               CPI RAMÓN PIÑEIRO
                Pobra de San Xiao
                  Láncara - LUGO

Información ás familias (I)

Prezadas familias:
 
Como ben sabedes a situación excepcional que estamos a vivir obrigou ao sistema educativo en xeral a modificar o seu funcionamento ordinario. Nas últimas horas e tras reunirse as Comunidades Autónomas co Ministerio de Educación acordáronse unha serie de medidas que a nosa Consellería de Educación adaptou a Galicia. No que se refire a o noso centro educativo as medidas acordadas concretámolas do seguinte xeito:
 

  • Manterase o calendario escolar actual coas adaptacións loxicamente necesarias (avaliacións, Semana Santa, etc.).
  • Suspéndense as avaliacións  diagnósticas para este curso (3º EP, 6º EP e 4º ESO).
  • A 2ª avaliación levarase a cabo cos datos que os profesores tiñan ata o momento da interrupción das clases presenciais. As datas establecidas para realizar a 2ª avaliación serán: Infantil e Primaria o luns 30 de marzo, ESO o mércores 1 de abril.
  • O venres 3 de abril publicaranse as notas telemáticamente a través do espazo ABALAR (proporcionarase información ás familias de como acceder).
  • Adaptaranse os contidos para o 3º Trimestre en todos os cursos e materias de todas as etapas educativas.

 
E MOI IMPORTANTE QUE O ALUMNADO SIGA TRABALLANDO CUNHA RUTINA DIARIA e poñéndose en contacto cos seus profesores xa que en NINGÚN CASO SE SUSPENDERÁ O CURSO. Na data que finalice o curso coma sempre haberá alumnos/as que aproben e outros que non o fagan en función do seu esforzo e traballo personal. Tede en conta que en diferentes ocasións e por diferentes circunstancias algúns alumnos/as non poden acudir a clases durante semanas e incluso meses (por exemplo enfermedades de longa duración); neses casos faise un traballo parecido ao que estamos a facer e en ningún caso se da o curso por perdido: NON TEMOS ESCUSA, HAI QUE SEGUIR TRABALLANDO PARA PODER SUPERAR ESTE CURSO.
 
MOITO ÁNIMO PARA TODOS/AS !!!

                     O director
   
              Carlos Carballo Sieiro

               CPI RAMÓN PIÑEIRO
                Pobra de San Xiao
                  Láncara - LUGO

Mural outono 2019

[Outubro 2019]

Dinosauros

dinosauros

[Ed. Infantil]  [Maio 2019]

Distribuir contenido


by Dr. Radut