Skip to Content

INAUGURACIÓN DOS ACTOS DO 50 ANIVERSARIO DO CPI RAMÓN PIÑEIRO.

Despois de moitos meses de traballo o pasado día 30 de abril inauguráronse no CPI Ramón Piñeiro os actos conmemorativos do 50 aniversario do centro. A xornada contou coa presenza do Conselleiro de Educación D. Román Rodríguez xunto con outras autoridades así como directivos e ex directivos do centro, profesores, representantes de pais e de alumnos e outros membros da comunidade educativa.

A xornada tamén serviu para inaugurar a exposición "Un paseo polo tempo" que conta con máis de 700 fotos que constitúen un percorrido polas diferentes xeracións de alumnos e profesores durante estes 50 anos de vida. Tamén conta con outros materiais antigos relacionados coa historia do centro, así como documentos históricos.

A exposición, situada no salón de actos do centro, estará aberta ao público en xeral durante todas as xornadas lectivas ata final deste ano 2024 en horario de 9:30 a 15:00 horas. Convidámosvos a visitala, merece moito a pena.



page | by Dr. Radut