Skip to Content

Orientación

ORIENTACIÓNS PARA FAMILIAS SOBRE BENESTAR EMOCIONAL EN CONFINAMENTO E TRANSICIÓN AO DESCONFINAMENTO.

ORIENTACIÓNS PARA FAMILIAS SOBRE O CONFINAMENTO E O POST-CONFINAMENTO.

(12-05-2020)

 

Achego un documento con orientacións para familias sobre como organizar o tempo dos nenos/as no fogar durante este 3° trimestre, como mellorar a comunicación, pautas para garantir o benestar emocional e recomendacións para preparar aos nenos/as para a fin do confinamento.

 

RESTABLECEMENTO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO.

NOTA INFORMATIVA.

(06-05-2020)

 

1. Prazo de presentación de solicitudes de admisión

 

Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes

 

CALENDARIO:

SOLICITUDE DE ADMISIÓN (para alumnado procedente de centros distintos aos centros adscritos,  o caso do CPI Ramón Piñeiro)

11 a 18 de maio

Solicitude de admisión mediante a presentación do ANEXO II (modelo ED550B, pódese atopar na web) no centro solicitado no primero lugar de preferencia.

ata 26 de maio

Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo.

Antes do 9 de xuño

Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas.

Nos 3 días hábiles contados a partir do seguinte á publicación dos admitidos/as

Reclamación ás listases provisionais de admitidas/os.

Ata o 26 de xuño

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas.

Inspección Educativa

Adxudicación subsidiaria de praza noutro centro ao alumnado non admitido (por parte da comisión de escolarización, tendo en conta os centros solicitados no modelo ED550B).

FASE DE MATRICULA.

1 ao 10 de xullo

Formalización da matrícula en ESO e BACHARELATO.

1 a 10 de setembro

Prazo extraordinario de formalización da matrícula en ESO/BAC.

 

 

INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN:

As solicitudes de reserva e de admisión de alumnado realizaranse mediante a cumplimentación do formulario de admisión, o cal se pode cumplimentar na aplicación informática"admisionalumnado" (/www.edu.xunta.es/admisionalumnado/) ou ser descargados e cumprimentados de forma manual polas familias. 

  • Entregarase unha única solicitude no centro elixido como primeira opción.

• O alumnado que solicite praza nun centro non adscrito solicitará a admisión a través de internet  ou de forma presencial no centro docente indicado como primeira opción ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos utilizando o formulario de solicitude (arquivo adxunto) (Formulario ED550B). Na solicitude pódese relacionar ata 6 centros por orde de preferencia. (Caso do alumnado de 4° ESO do CPI Ramón Piñeiro).

• Os formularios serán facilitados gratuitamente nos centros e tamén estarán dispoñibles na páxina web da consellería:   https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/#

• Poderase consultar o estado de tramitación da solicitude a través da aplicación informática utilizando o código de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.

 

• Todas as solicitudes que non pudiesen obter praza nos centros solicitados serán remitidas á comisión de escolarización que lles asignará praza nos centros onde teñan vacantes tendo en conta, cando sexa posible, as preferencias dos pais indicadas na solicitude e a puntuación obtida por aplicación do baremo.

APOIO AO PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

FOMENTAR O BENESTAR EMOCIONAL EN TEMPOS DE CORONAVIRUS: XESTIÓN DAS EMOCIÓNS (2).

(05-05-2020)

 

A situación de confinamento é estresante para todos (nenos/as, pais…) e, aínda que xa comezamos a saír un pouco á rúa; o certo é que levamos moito acumulado e o feito de non poder facer vida "normal" pode pesar sobre ánimo de cada persoa. Por suposto, esto sempre depende de cada individuo, hai a quen lle afecta moito e a quen case non lle afecta. Para os que vos encadrades dentro do primeiro grupo, continúo a subir algún recurso para axudarvos no voso benestar emocional. A anterior "entrega" era unha actividade que pretendía axudarvos a que coñecerades mellor as vosas emocións, así como a manexalas. Neste caso, propoño dúas actividades para continuar mellorando no dominio das emocións. Agardo vos gusten. E si tedes dúbidas, xa sabedes a miña mail, contactádeme.

(COP Madrid, 2017. Manual de ejercicios de psicología positiva aplicada).

 

 

CONTRA O ACOSO ESCOLAR.

 DÍA MUNDIAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR.

 (29-04-2020)

 

O día 2 de maio é o día mundial contra o acoso escolar. Déixovos algúns vídeos para que observedes e reflexionedes sobre este problema que pode suceder a calquera. E para que non sexamos nunca nin vítima, nin agresor, nin observadores impasibles. Calquera situación de acoso ou inxustiza debe ser denunciada!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ORIENTACIÓN ACADÉMICO-PROFESIONAL: TOMAR UNHA DECISIÓN.

COMO TOMAR DECISIÓNS.

(28-04-2020)

 

O alumnado de 4ª da ESO estades nun momento importante da vosa vida: decidir que ides facer con ela (case nada!) Estades a piques de rematar a etapa da Educación Secundaria Obrigatoria e debedes tomar unha decisión sobre o que ides a facer de agora en diante. Pode ser Bacharelato, Formación Profesional…

Agardo que teñades feito ese exercicio de introspección que sempre vos remarco: a importancia de coñecervos moi, moi ben. E procurar facer un exercicio de proxección sobre como vos vedes no futuro, en que vos vedes traballando ou como vos gustaría que fose a vosa vida. Xa sei que é difícil, que aos 16 anos a profundadide de coñecemento e as experiencias son limitadas; pero con todo e iso, debedes procurar facer ese esforzo. Ademáis tamén debedes coñecer o mellor posible o sistema educativo e o mundo laboral, ou alomenos, as profesións que vos atraen.

 

Unha vez feitas esas tarefas, chegamos ao último paso: tomar unha decisión.

Cando as decisións son fáciles (decidir entre xogar ou estudar: non hai debate!), non hai dúbidas. O conflicto aparece cando as decisións son difíciles e non sabemos que opción escoller. Para iso ás veces resulta útil, ter algunha estratexia, ou plan. Xa vos anticipo que non hai fórmulas máxicas para acertar coa decisión, pero sí hai estratexias que axudan a que as posibilidades de tomar a decisión acertada (ou que nos agrade) aumenten.

 

Déixovos un par de documentos para que coñezades mellor en que consiste o proceso de tomar unha decisión e que facer para tomar unha decisión coas maiores garantías de poder acertar. Propoñovos un modelo concreto que vos pode resultar moi útil cada vez que teñades que tomar unha decisión importante. Trátase do modelo DECIDES de Krumboltz e Hamel (Álvarez e outros, 1991) que consta dos seguintes pasos:

Definir o problema (o problema? Sí, cando un ten que tomar unha decisión difícil: ten un problema; que debe resolver).
Establecer un plan de acción.
Clarificar valores.
Identificar as alternativas existentes.

Describir os posibles resultados de cada alternativa.
Eliminar alternativas que non nos interesan.
Start- Comezar a acción. 

 

Lembrade que si tedes dúbidas ou necesitades axuda para tomar a decisión podedes contactar conmigo vía mail ou ter unha entrevista "virtual".

 

 

NOTA INFORMATIVA: ASESORAMENTO INDIVIDUAL

NOTA INFORMATIVA.

ATENCIÓN A ALUMNADO E FAMILIAS DURANTE O PERIODO DE CONFINAMENTO.

(28-04-2020)

 

ASESORAMENTO INDIVIDUAL A ALUMNADO E FAMILIAS:

O orientador continúa a atender de xeito individual a tod@s aqueles/as alumn@s e familias que así o precisen. 

Dadas as circusntancias que estamos a vivir, cambia a modalidade en que esta práctica se pode levar a cabo. Para isto hai dúas opcións:

 

MAIL

 

Podedes enviar as vosas consultas relacionadas con calquera temática do eido de competencias do Departamento de orientación á seguinte mail: psicologiaypedagogia2@gmail.com

 

 

VIDEOCONFERENCIA.

É posible manter unha entrevista co orientador mediante videoconferencia. Para iso usaremos a aplicación CISCO WEBEX MEETINGS. Podedes atopar información e titoriais sobre o seu uso na páxina priincipal desta web.

 

NOTAS:

1.Para ter unha entrevista "virtua" mediante CISCO WEBEX é preciso porse antes en contacto co orientador vía mail.

2.Terán prioridade na atención o alumnado de 4° de ESO cando as súas consultas se refiran á ORIENTACION ACADÉMICA E PROFESIONAL, así como o alumnado con necesidades educativas.

COMUNICACIÓNS CO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN.

 

ATENCIÓN POR PARTE DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN A ALUMNADO E FAMILIAS DURANTE O CONFINAMENTO.

(28-04-2020)

 

Como sabedes, dende o inicio do confinamento, tedes á vosa disposición varias direccións de mail para facer as vosas consultas aos diferentes compoñentes do Departamento de orientación (ver táboa anexa). Tamén podedes atopar as actividades, recursos e formas de contacto na marxe esquerda da páxina principal da web nos apartados correspondentes a cada especialista.

Especialista Especialidade Etapa Correo electrónico
Rubén L.S. Orientación Ed. Infantil, Primaria e ESO psicologiaypedagogia2@gmail.com
Mª Bélida G.L. Audición e linguaxe Ed. Infantil e Primaria belidagl13@gmail.com 
Montserrat C.P. Pedagoxía terapéutica Ed. Infantil e Primaria  mcastroper@gmail.com
Leticia M.G. Pedagoxía terapéutica Educación Secundaria Obrigatoria (ESO)  leticia.moreira@edu.xunta.gal
Manuel T.S. Pedagoxía terapéutica Educación Secundaria Obrigatoria (ESO  manuel.tejo.souto@edu.xunta.gal

 

 

INFORMACIÓN SOBRE A FORMACIÓN PROFESIONAL.

A FORMACIÓN PROFESIONAL.

(24-04-2020)

 

Na entrada de hoxe, aproveito para deixarvos información máis completa sobre a Formación Profesional.

 

 Neste link podedes atopar información sobre todos os ciclos de FP. Trátase de Vídeos descritivos sobre as familias profesionais e os seus ciclos:

http://www.consejoasturiasfp.com/video.php

 

 

Ademáis na seguinte link tedes acceso a todas as familias profesionais e ciclos formativos que se imparten en Galicia:

http://www.edu.xunta.gal/fp/folletos-informativos-fp

 

 

A seguinte link é o Portal sobre a FP da Consellería de Educación. Aquí podes atopar toda a información que precises sobre a Formación Profesional en Galicia (Admisión, centros de estudo, duración, módulos…). 

http://www.edu.xunta.es/fp/

 

Unha opción moi interesante dentro da FP é a FP Dual, que combina a formación académica en institutos coas prácticas en empresas. Entre os seus requisitos de acceso está ter 18 anos. Polo que o noso alumnado de 4° da ESO non está, en principio, en condicións de acceder a estes estudos. Porén, é interesante que a coñezades, xa que pode ser unha opción no voso futuro próximo.

 

QUE É?  E PRINICIPAIS REQUISITOS DA FP DUAL:

 

 

 

ORIENTACION ACADÉMICO-PROFESIONAL.

INFORMACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL.

(21-04-2020)

 

Estimados alumnos, déixovos dous recursos que agardo vos resulten de interese no proceso de toma de decisións sobre o voso futuro académico-profesional. Como xa recollo na entradas anteriores "Orientación académico-profesional (I) e (II)" un dos aspectos a ter en conta á hora de decidir sobre o voso futuro é recoller información sobre o sistema educativo (estudos que queredes seguir cursando: asignaturas que hai que cursar, duración estudos, onde estudar…) e sobre o mundo profesional (sí, ese que vos agarda aí fóra para dentro duns poucos anos): características dos empregos que vos gustan, xornada laboral tipo, etc.

Nestes dous enlaces podedes atopar algunha información interesante ao respecto.

O primeiro link é á revista "Entreestudiantes":

https://www.entreestudiantes.com/2020/04/numero-abril-entre-estudiantes/?utm_source=newsletter&utm_medium=email&utm_campaign=eenews20200417

 

 

 

 

 

O segundo link é á web "Preuniversia":

https://noticias.universia.es/educacion/noticia/2020/03/18/1167720/bachillerato-llegado-fin-sabes-vas-hacer-ahora.html

Agardo atopedes información interesante. En calquera caso, podedes facerme consultas vía mail ou mediante videoconferencia (poñédevos antes en contacto conmigo na mail psicologiaypedagogia2@gmail.com).

 

 

XESTIÓN DAS EMOCIÓNS DURANTE O CONFINAMENTO (ALUMNADO E FAMILIAS)

XESTIÓN DAS EMOCIÓNS DURANTE O CONFINAMENTO (I).

(20-04-2020)

 

Este período de confinamento, de reclusión no fogar durante tantos días é unha situación que xenera un certo nivel de estrés no o noso alumnado (e tamén nas familias). Neste senso, é interesante ter ferramentas psicolóxicas para procesar e xestionar a situación. Para iso un dos primeiros pasos a dar é coñecer as EMOCIÓNS que estamos a sentir durante estes días. Deixo un documento adxunto titulado "QUE TUS EMOCIONES NO SE QUEDEN CONFINADAS", elaborado polo Insituto Aragonés da Muller, co cal poderedes aprender máis sobre QUE SON AS EMOCIÓNS, QUE EMOCIÓNS PODEMOS ESTAR A SENTIR NESTES DÍAS, COMO COÑECELAS MELLOR E COMO XESTIONALAS. Neste documento ademáis de atopar explicacións sinxelas sobre as emocións atoparedes diversas actividades para coñecelas mellor.

 

 

 

Por outra parte, tamén vos deixo na seguinte imaxe unha actividade para podades practicar a xestión de emocións. É unha actividade para facer en familia. E lembrade unha cousa importante, o manexo das emocións é como calquera outra aprendizaxe (facer ecuacións, montar en bicicleta ou debuxar) require práctica para dominar a técnica. Anímovos a que practiquedes!

 

(Extraído de Manual de Ejercicios de Psicología Positiva aplicada, COPsicólogos de Madrid, 2017).

 

 

 

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut