Skip to Content

CHARLA PREVENCIÓN DELITOS SEXUAIS E DELITOS DE ODIO

CHARLA PREVENCIÓN DE DELITOS SEXUAIS E DELITOS DE ODIO.

(19-03-2024)

O Departamento de orientación ten entre as súas funcións colaborar no crecemento persoal do alumnado (a nivel social, emocional…) e axudar no desenvolvemento dos denominados elementos transversais, como poden ser a educación para a convivencia e a educación para a saúde. En relación con estas dúas, e, contando coa colaboración da Garda Civil (dentro do Plan director de formación en centros educativos), o alumnado de 3° e 4° da ESO asistiu no día de hoxe a dúas charlas formativas. Por un lado, sobre para a prevención dos delitos de odio e por outra parte sobre a prevención de delitos sexuais.

Na primeira das charlas abordáronse temas como o racismo, a xenofobia, a homofobia, transfobia… o odio ao diferente. Tamén se analizou o que implican os delitos de odio (ao diferente) tanto a nivel penal e xudicial como a nivel persoal.

Na charla sobre delitos sexuais, que resultou moi interesante para o alumnado saíron cuestións como as agresións sexuais (que son, que implican para vítima e agresor, consecuencias penais para o agresor e psicolóxicas para a vítima, o papel de vítima e agresor nas agresións sexuais), o consumo de pornografía, a educación sexual, a sexualidade, o consentimento nas relacións sexuais e afectivas, as relacións sexuais sanas, que se entende por delitos sexuais, a difusión de imaxes doutras persoas, menores, etc.

Ben seguro que estas charlas proporcionaron ao noso alumnado unha unha información valiosa para entender mellor estas realidades e problemáticas sociais e lles axudarán a reflexionar ao respecto das mesmas.

 



story | by Dr. Radut