Skip to Content

APOSTAS DEPORTIVAS

CHARLA PREVENTIVA SOBRE APOSTAS DEPORTIVAS.

(02/04/2024)

 

O DSM V (Manual Diagnóstico e Estadístico dos Trastornos Mentais) diferencia entre adicións a sustancias (alcol, drogas...) e adicións sen substancia (ao xogo, póker, sexo, móbiles...). O que caracteriza de xeito común a unhas e outras é que son trastornos adicitivos e que como tales afectan de xeito significativo á vida da persoa. Un dos colectivos máis vulnerables ás adicións son os/as adolescentes. Así as cousas, unhas das liñas de traballo do Departamento de orientación dentro da Acción Titorial está dirixida a fomentar a educación da saúde, e, dentro desta área á prevención das adicións (tanto de sustancias como as adicións sen substancias). Neste senso, no día de hoxe e contando coa colaboración da Garda Civil dentro do programa Plan Director tivemos unha charla informativa para o alumnado de 3º e 4º da ESO que correu a cargo do especialista da Garda Civil Pablo Anido. Así algunhas das cuestións que se abordaron nesta sesión foron as características das apostas deportivas, a probabilidade de gañar nos xogos de azar, como están deseñados para xerar adición, as estafas que existen na Internet e que están dirixidas para os adolescentes...



story | by Dr. Radut