Skip to Content

BECAS MINISTERIO DE EDUCACIÓN CURSO 2024/25

BECAS MINISTERIO DE EDUCACIÓN CURSO 2024-25.

(2-04-2024)

Informamos que xa saíu publicada a convocatoria de becas MEC (Ministerio de Educación) de carácter xeral para o vindeiro curso 2024-25 dirixidas ao alumnado de ensinanzas postobrigatorias (Bacharelato, FP básico, medio, superior…).

Normativa: Resolución da Secretaría de Estado de Educación, pola que se convocan becas de carácter xeral para o curso 2024/25 para estudantes que cursen estudos postobrigatorios.

 

Enlace a información sobre becas:

https://www.educacionyfp.gob.es/prensa/actualidad/2024/03/20240315-convocatoriabecas.html

 

Prazo de presentación de solicitudes: do 19 de marzo ao 10 de maio (ambos incluídos)

Forma de presentación: O procedemento é electrónico e iníciase coa solicitude que debe facerse na sede electrónica da páxina web do Ministerio debendo incluírse un enderezo de correo electrónico que vaia estar operativo durante todo o proceso, para recibir os avisos de notificacións (requirimentos; comunicacións, propostas, resolucións...); tamén deberán conservarse as chaves de acceso iniciais para que, en calquera momento, poidades entrar no voso expediente e consultalo.

 

 

Enlace á sede electrónica do Ministerio: 

https://sede.educacion.gob.es/portada.html

 

 

INFORMACIÓN SALIENTABLE:

-O número de conta que poñades na beca ten que estar como titular ou cotitular o estudante.

-Despois de cubrir a solicitude tede en conta que só queda presentada cando vos deixa xerar o xustificante de presentación que debedes conservar e ler para saber se tedes que presentar documentación adicional no voso caso (padrón, sentenzas...). Isto é moi importante, moitas becas quedan denegadas na primeira fase por non xustificar datos.

-A fase inicial adoita rematar a mediados de xullo; despois cruzaranse os datos económicos co Ministerio de Facenda e recibiredes ao longo do verán a notificación de se cumprides ou non os requisitos económicos. Debedes consultar o voso correo (introducido na solicitude) para ver se tedes notificacións ou acceder (coas vosas chaves) ao voso expediente para comprobalo.

 

Para calquera dúbida podedes consultar no Departamento de orientación.

 

 



story | by Dr. Radut