Skip to Content

ACTIVIDADES 2º CURSO

https://www.youtube.com/watch?v=KLSf36iPqu8

Ola a todos ¿qué tal?. Seguro que estades todos ben por iso vos deixo aquí este enlace para que nomeedes o que se ve no vídeo tal e como o fai a voz que escoitades. Supoño que vos sairá moi ben  xa que é moi faciliño por iso tamén lle lo puxen aos de primeiro. Outro día poñereivos máis cousas polo que debedes mirar nesta páxina a ver si hai algo novo. Por agora nada máis, Que o pasedes ben e ánimo que pronto volveremos ao cole. Un abrazo.

 

ABRIL 13-17

 ¿Seguimos todos ben?. Espero que si por iso vos propoño outro vídeo de ritmos para practicar con mans e pés e máis unha ficha moi fácil. Outro abrazo para todos.

https://www.youtube.com/watch?v=bFUPq8FBRuc

 

ABRIL 20-24

  Ola a todos  outra vez. Nesta ocasión deixovos aquí abaixo a ficha GLOP,GLOP GLOP para que poñades o nome a eses instrumentos de percusión ( algúns xa os tocamos na clase ). O enlace seguinte leva a un exercicio de ritmo con palmas, pitos e pés, a ver que tal vos sae. Un saúdo.

https://www.youtube.com/watch?v=4oAmDurPjro

 

ABRIL 27-30

   Ola Nuria, ola Piero, ola Sara, ola Martín, ola Manuel, ola María, ola Yaiza, ola Pablo, ola Laura, ola Carmela e ola Celia. Para esta semana déixovos abaixo a ficha A FAMILIA DA CORDA e un enlace por si vos apetece ver un concerto a ver se vos gusta algunha canción e a aprendemos para a clase. Saúdos.

https://youtu.be/TBxBd88k8ks

 

MAIO 4-8

   Ola chic@s.¿ Todos ben ?. Supoño que si, pero de moitos de vós aínda non sei nada dende que nos teñen en cuarentena, e van máis de dous meses. Se ve que non vos acordades de mín que lle imos facer.

   Déixovos abaixo unha ficha para que melloredes a caligrafía da clave de sol e outra cunha sopa de letras. ¡Que aproveite!.

  Saúdos.

 

MAIO 11-15

   Ola a todos.

   Esta semana imos practicar coas liñas e espazos do pentagrama. Xa sabedes que se empezan a contar por abaixo. Deixo unha ficha e un enlace.

Ah! Alégrome de ter noticias dalgún máis de vós. Gracias e un abrazo.

https://aprendomusica.com/const2/45lineasyespacios/game.html

MAIO 18-22

   Ola outra vez muchach@os. Dáixovos dúas fichas para esta semana. Na  da COVA DO.... solo tedes que facer o 1º exercicio,  a ver se vos acordades.

   Unha aperta.

 

   XUÑO

   Ola nenos e nenas de segundo, rematamos este curso e felicítovos por todo o que traballastes, que xa me dixeron que fora moito. Agora toca descansar, aínda que eu vou deixar un enlace a un vídeo por se a alguén lle apetece entreterse algún día practicando un ritmo moi fácil. Tamén deixo outro enlace para unha canción que debedes ter moi presente de agora en adiante.

https://www.youtube.com/watch?v=a0nxpiQyBQ8

https://www.youtube.com/watch?v=lZf8RKw4AXs

 

   Bo verán para tod@s

 

AdjuntoTamaño
2º curso - 1.pdf55.99 KB
Nun mercado persa 2º.pdf41.48 KB
GLOP, GLOP, GLOP 2º.pdf42.99 KB
A FAMILIA DA CORDA 2º.pdf35.72 KB
Claves de sol.pdf235.13 KB
Sopa de letras 2º.pdf252.78 KB
LIÑAS-ESPAZOS MAIO 11-15.pdf242.55 KB
NA COVA DO REI DA MONTAÑA 2º.pdf70.47 KB
UNHA PULGA E UN LEÓN 2º.pdf44.58 KB


book | by Dr. Radut