Skip to Content

ACTIVIDADES 4º CURSO

https://www.youtube.com/watch?v=Dgqz-9KrnzY

 

ABRIL 13-17

Ola a todos, aquí vos deixo unha ficha e dous enlaces para practicar ritmos con palmas. O primeiro é moi sinxelo pero o segundo complícase algo xa que leva semicorcheas e xa sabedes que hai que palmear moi deprisa pero son divertidos porque vanse facendo acompañando á música. Facede o que poidais para logo facelo en clase con instrumentos. Un abrazo.

https://www.youtube.com/watch?v=oAsimwk7DMs

https://www.youtube.com/watch?v=g5r8WH4QNwg

 

ABRIL 20-24

   Ola a todos de novo. ¿ Qué tal todo ?. Hoxe imos facer unha ficha como a da semana pasada pero en sentido descendente ( chupado ). Tamén, no enlace de abaixo, trataremos de imitar os ritmos que veredes no vídeo e. como xa tedes práctica, seguro que o conseguides. Un saúdo. 

https://www.youtube.com/watch?v=um0aM4rhcgg

 

ABRIL 27-30

   Ola chic@s. Traigo hoxe unha ficha para poñer o nome as notas e para dividir o pentagrama coas liñas divisorias. Fixádevos ao comenzo que é un compás de dous pulsos, polo tanto, haberá que poñer unha liña cando vaiamos sumando o valor das figuras e sume dous. Ao final do pentagrama temos que poñer dúas liñas (dobre barra) a primeira delgada e a segunda un pouco máis gruesa. O enlace que propoño desta vez e o TRIVIAL MUSICAL. Saúdos.

https://aprendomusica.com/const2/21trivial1/trivial1.html

 

MAIO 4-8

    Ola, ¿todo ben?. Supoño que si e alégrome. Xa que logo, deixo máis abaixo unha ficha que solamente temos que repasar e un enlace para ver que tal recoñecemos agora os ritmos.

  Saúdos.

 

https://aprendomusica.com/const2/04dictadoRitmico/04dictadoritmico.html

 

MAIO 11-15

   Ola a todos.

   Deixo unha ficha onde tedes que aplicar o repasado na anterior. Probade a facela sen mirar pola outra.

   Tamén poño un enlace para outro TRIVIAL pero de nivel 2. Haberá algunhas cuestións que non saberedes responder pero non importa, vades probando respostas diferentes,

 

   Saúdos.

https://aprendomusica.com/const2/43trivial2/game.html

 

MAIO 18-22

   De novo saúdos para os de 4º. Déixovos unha ficha e un enlace para que practiquedes un ritmo con vasos que xa lles puxen aos de 3º a semana pasada. Debedes ensaialo a ver si sae e non subirei nada a vindeira semana. Xa me contaredes.

 

   Saúdos.

https://www.youtube.com/watch?v=caKJh3F50HE

 

   XUÑO

   Ola rapaces e rapazas de cuarto. Rematamos este curso tan raro e felicítovos a todos polo esforzo destes últimos meses. Os profes estamos orgullosos. Eu solamente pediría que durante as vacacións practiquedes algo coa frauta, simplemente para que vaia soando cada vez un pouquiño mellor. Deixo un enlace a un vídeo no que un rapaz explica moi ben as familias dos instrumentos.

https://www.youtube.com/watch?v=RHAklmqlvRI

 

  Bo verán para tod@s.

  

 

AdjuntoTamaño
ficha_musica.pdf1.72 MB
FICHA 4º. 2.pdf20.9 KB
Ficha 4º ABRIL 13-17.pdf19.77 KB
ABRIL 20-24 4º.pdf18.73 KB
ABRIL 27-30 4º.pdf170.14 KB
Valores e equivalencias.pdf29.63 KB
4º MAIO 11-15.pdf185.33 KB
MAIO 18-22 4º.pdf153.93 KB


book | by Dr. Radut