Skip to Content

Club de ciencia

Videoconferencia coa Axencia Espacial Europea

Despois de estudar a Terra e o Sistema Solar durante este curso, a clase de 5º Curso de Educación Primaria do CPI Ramón Piñeiro seguiu alimentando o seu interese con todas as novidades que, ao longo do curso escolar, apareceron nos informativos e nos xornais. Para conseguir unha mellor comprensión dos misterios que garda o espazo, nos dous primeiros trimestres, foise fraguando a posibilidade de conseguir unha videoconferencia con Don Arturo Fernández González (Asturias), enxeñeiro industrial, Xefe da Sección de Electrónica de Potencia da Axencia Espacial Europea , ESA, con sede en Leiden (Holanda). Este longo período de tempo permitiulles incorporar preocupacións totalmente actualizadas sobre os novos éxitos na aventura espacial deste século XXI, así como preguntas sobre o acceso igualitario das mulleres a postos de relevancia nestas organizacións internacionais e recompilar información sobre o acceso a os mesmos. Un grupo de estudantes de 4ª curso da E.S.O. foi convidado a esta videoconferencia e apreciaron moito a experiencia.

 

Texto da entrevista
Presentación

EXPERIMENTO: A MATERIA E AS SÚAS PROPIEDADES

Experimento “A materia e as súas propiedades” (3º de Primaria, abril 2021)

1.- Coa axuda dunha báscula de cociña e dunha xerra graduada, medimos a masa e o volumen dun obxecto sólido que o alumnado trouxo das súas casas (propiedades xerais da materia).

2.- Observamos tamén as propiedades específicas dos obxectos (dureza, flexibilidade, transparencia, elasticidade e fraxilidade).

3.- Elaboran unha ficha, cos datos recollidos, de cadanseu obxecto.

VEHÍCULOS DE RECICLAXE Marzo 2021 Curso 5º E:P:

QUE LUXO DE LIXO!

Tras estudar os materiais naturais e artificiais, xurdíu o gran problema do noso modo de vida actual: o consumo esaxerado de materiais plásticos. Este material xeneralizouse nos últimos 50 anos por ser un material dificilmente degradable (fan falta décadas e as veces siglos para que se degrade), é lixeiro e bo illante do calor e da electricidade e moi barato.

Pero este uso xeneralizado trouxo consigo un gravísimo problema de contaminación de ríos, mares e océanos. Os animais mariños inxírenos ao confundilos con medusas ou enrédanse neles e morren. Algunhas aves os tragan confundíndoos con lombrices, e atópanse baleas cos estómagos cheos de plásticos que lles impiden a dixestión e provócanlles a morte. Nos comemos peces que inxeriron microplásticos, pasando á cadea alimentaria de forma invisible. Nos tamén acabamos contaminados.

Reflesionamos moito sobre a necesidade de depositar todos os plásticos nos colectores de envases e, sobre todo, na necesidade de reducir a seu consumo ou de reutilizalo sempre que nos sexa posible.

Desta convinción xurdíu a idea de crear os nosos vehículos de xoguete con plásticos de refugallo e saíron fantásticos. Non pensas o mesmo?

 

Experimento "Volcán de lava"

ALUMNOS DE INFANTIL [abril 2021]: "Volcán de lava". Con auga, aceite, colorantes e pastillas efervescentes fixemos un volcán de lava, quedou moi chulo!

"Experimentando coas cores"

imaxe
ALUMNOS DE INFANTIL
[abril 2021]: "Experimentado coas cores"": Collemos auga de diferentes cores, e con unhas pipetas fomos misturando diferentes cores e descubrindo as novas que saían.

EXPERIMENTO "AQUELANDO" TVG

MOSTRAMOS A CONTINUACIÓN O EXPERIMENTO CO QUE PARTICIPA  O CPI RAMÓN PIÑEIRO, NO PROGRAMA DE DIVULGACIÓN CIENTÍFICA DA TVG "AQUELANDO".

LEVÁRONO A CABO OS ALUMNOS PABLO LÓPEZ URRUTIA (6º PRIMARIA) Y MENCÍA SOTO PÉREZ (1º ESO), AXUDADOS POLA PROFESORA CARMEN SOMOZA.


Experimento "O peso do aire"

imaxe

ALUMNOS DE 3º DE PRIMARIA [abril 2021]: "O peso do aire": Malia que non o pareza, o aire pesa. Para comprobalo:

  • Inflamos un globo.
  • Colocamos unha percha a xeito de balanza.
  • Nun extremo da percha, colgamos o globo inflado.
  • Obsérvase que a balanza se desequilibra a favor do extremo no que está o globo.

Tamén descubrimos que o aire adquire a forma do globo (redondo, alongado...) no que foi introducido.

VÍDEOS ALUMNOS DE FÍSICA E QUÍMICA DE 2º ESO

Os alumnos e alumnas de 2º ESO levaron a cabo algúns experimentos nas súas casas que podedes ver aquí:

 

 

 

 

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut