Skip to Content

Club de ciencia

Experimento "Maxia con pinceis"

imaxe

ALUMNOS DE INFANTIL [marzo]: "Maxia con pinceis": Os nenos pintan con témpera misturada con auga un folio en branco. Según van pintando vai aparecendo de "forma máxica" o nome do neno/a.

Experimento "Búsqueda das letras desaparecidas"

experimento

ALUMNOS DE INFANTIL [febreiro 2021]: "Búsqueda das letras desaparecidas". Poñemos unha bandexa de cristal e debaixo un folio con letras. Botamos auga na bandexa e tinguimos a auga con témpera, cun vaso de cristal hai que buscar as letras que "desapareceron".

Experimento "Facemos neve"

imaxe

ALUMNOS DE INFANTIL [xanerio 2021]: "Facemos neve". Fixemos dous tipos de neve: unha con bicarbonato e acondicionador e outra con cueiros.

Experimento "Maxia con cores"

ALUMNOS DE INFANTIL [xaneiro 2021]: "Maxia con cores". Pintan só por un lado o debuxo, dobramos e parece que queda sen colorear. Métese nunha cubeta con auga e de repente "píntase só".

Video "Maxia con cores"

Experimento "Volcán"

volcán

ALUMNOS DE INFANTIL [novembro 2020]: "Volcán". Primeiro facemos un volcán con masa branca e pintámolo. E despois creamos a lava con bicarbonato, vinagre, xabón e colorantes.

Video experimento

CLUB DE CIENCIA no CURSO 2019-20

CONFERENCIA DE LUÍS LIZ MARZÁN

O venres, 8 DE NOVEMBRO,   alumnos de 4º de ESO asistimos en Lugo á conferencia do investigador Luís Liz Marzán, “Nanotecnoloxía no Ano da Táboa Periódica”, polo Día da Ciencia en Galego.

Naceu e estudou en Lugo e Compostela. Acualmente Luís Liz traballa no País Vasco combinando a ciencia dos materiais a escalas nanométricas (millonésimas de milímetro),  con estudios relacionados coa medicina. 

Conta con máis de 22premios, máis de 400 publicacións,  máis de 350 conferencias e co-inventor  8 patentes.

 

 

SEMANA STEM 1º ESO

 Os nosos alumnos/as de 1° ESO participan estés días na semana STEM organizada pola Consellería de Educación nos Peares.

Durante este tempo traballarán contidos de ciencias, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas.

 

 

 

VISITA Á FACULTADE DE CIENCIAS

 

O 16 de xaneiro estivemos na Facultade  de Ciencias, participando no programa Xoves Investigadores, co alumnado de 4º  ESO.

 

11 de FEBREIRO: DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

O mundo necesita ciencia, e a ciencia necesita mulleres e nenas. A día de hoxe, só o 30% dos investigadores en todo o mundo son mulleres, e só o 35% de todos os estudantes matriculados nos campos de ciencias, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas (STEM) son mulleres. O 11 de febreiro, celebramos o Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia, unha gran ocasión para romper estereotipos, desafiar os prexuizos de xénero  e derrotar a discriminación nos campos de STEM. 

O pasado venres, estivo con nós GEMMA ROJO LÓPEZ, enxeñeira de Camiños, que nos falou da súa traxectoria académica dende a aldea de Currelos (O Saviñao),  ata a Escola de Enxeñaría de Camiños na Coruña, onde desenvolve a súa labor investigadora.

 

EXPERIMENTOS DO ALUMNADO DE 5º de PRIMARIA

 ELECTRICIDADE ESTÁTICA

 

 

EXPERIMENTANDO CON LUZ NEGRA

 

 

GLOBOS DE CO2

 

 

LÁMPADA DE LAVA

 

 

NEBULOSA NUN FRASCO

 

 

O AIRE OCUPA LUGAR

 

 

O MAR NUNHA BOTELLA: DENSIDADES

 

 

ÓSMOSE CON PASAS

 

 

PRINCIPIO DE ACCIÓN E REACCIÓN

 

 

XOGANDO COA CONDENSACIÓN DAS NUBES

 

EXPERIMENTOS NO CONFINAMENTO

ARCO IRIS LÍQUIDO

CLUB DE CIENCIA NO CPI RAMÓN PIÑEIRO. CURSO 2018-19

Iniciamos a nosa andaina nesta aventura do Club de Ciencia. Aquí contaremos as actividades que iremos desenvolvendo ó longo do curso.

 

1ª PRACTICA: ELABORACIÓN DE XABÓN CASEIRO

 

Os alumnos de 4º e 5º de Primaria iniciaronse nesta nova aventura coa elaboración de xabóns naturais. Para iso dispoñeron do material necesario, coa axuda e supervisión docente, e mesmo poideron personalizar cada peza de maneira individual, elixindo o aroma e a cor que lle querían dar.

A continuación, presentase en imaxes o proceso:

 

 


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

2ª PRACTICA: ELABORACIÓN DUNHA BEBIDA ISOTÓNICA

 

Os alumnos de 4º e 5º de Primaria fixeron unha comparativa entre a composición e degustación dunha bebida isotónica comercial e unha caseira, feita por eles mesmos. Desta maneira poideron comprobar a composición nutricional do producto comprado e a comparación do elaborado de forma natural.

A continuación, mostramos en imaxes o proceso:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

3ª PRACTICA: OBSERVACIÓN DO AZUCRE E COLORANTE NOS ALIMENTOS M&MS

 

Os alumnos de 4º de primaria, e posteriormente de 5º, realizaron unha práctica moi particular e relacionada con aqueles alimentos que máis lles gustan: as LAMBONADAS. 

A través da mesma, poideron comprobar a concentración de azucre e colorante que teñen estes alimentos e o efecto de freo que ocorre cando entran en contacto. 

Para esta práctica tan so se necesitan: MMS, unhas tapas da mermerlada ou outro alimento, auga e esperar para ver o efecto. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

4ª PRACTICA: CREACIÓN DE PULMÓNS

Os alumnos de 4º curso de Primaria crearon os seus propios pulmóns con material reciclable para ver o seu funcionamento. A continuación móstrase o proceso.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 5ª PRACTICA: ELABORACIÓN DE XABÓN DOS MÁIS PEQUERRECHOS

 

A elaboración de xabón por parte dos alumnos de 4º e 5º de primaria foi todo un éxito, por iso os alumnos de 1º e 2º tamén se animaron, contando coa axuda e supervisión docente. 

 

 

       

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

6ª PRACTICA: OBSERVACIÓN DE ALIMENTOS

 

Con esta práctica os alumnos poideron comprobar a presencia de almidón e féculas en productos alimentarios que se venden por outra cousa.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

7ª PRACTICA: A MAXIA DO OVO

 

Práctica moi sinxela e interesante na cal se pode apreciar o proceso de transformación dun ovo normal en outro que simula a unha pelota de goma, que salta e rebota. Trabállase así a difusión, ósmosis, a reacción química... e tan só con tres materiais: envase de plástico, ovo e vinagre.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

8ª PRACTICA: A COCACOLA

 

Con esta práctica, o alumnado de 4º de primaria pretendía observar o poder abrasivo das bebidas carbonatadas.

 

 

 

 

 

 

 

9ª PRACTICA: TRABALLO COAS CORES

A seguinte práctica consiste no traballo da capilaridade e na consecución de cores secundarios a través dos primarios.

 

 

 

 

 

 

 

 10ª PRACTICA: TRABALLANDO XENÉTICA

HERDANZA DOS CARACTERES FACIAIS NA ESPECIE HUMANA

Os alumnos de 4º de ESO realizaron a seguinte actividade que consiste nun  xogo de simulación na que os/as alumnos/as  representan o papel dun pai ou dunha nai heterocigótico/a para una serie de caracteres faciais: forma da cara, cor da pel , ollos,  pelo, pecas …

 

O resultado son as caras dos fillos/as dos/as nosos/as alumnos/as cando sexan adolescentes.

 

 

 

 

 

 

 

11ª PRACTICA: OS ALIMENTOS

 

Alumnos de 4º da ESO realizaron unha práctica co alumnado de 5º de primaria para analizar e reflexionar sobre determinados productos alimenticios, os cales se venden como carne cando en realidade presentan un alto contido de almidón.  Sabemos realmente o que comemos?

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

12ª PRACTICA: DISOLUCIÓNS E CRISTALIZACIÓN

Para a seguinte práctica empregouse auga, sal e colorante alimentario. Nela obsérvase o proceso de disolución e cristalización da auga.

 

 

 

 

 

 

 

 13ª PRACTICA: COLA E LEITE

Comprobación das proteinas do leite sobre a cor dunha bebida de cola

 

 

 

14ª PRACTICA: GRUPO SANGUÍNEO

Determinamos o grupo sanguíneo con diferentes reactivos a varios docentes voluntarios, mentres o alumnado de 4 e 5º de primaria e de 4º de ESO observaron o proceso.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

15ª PRACTICA: ELABORACIÓN DE SLIM

 

 

Continuación doutro grupo coa elaboración de SLIM

 

 

 

 

 

 

 

TRABALLANDO CON SCRATCH

 

 O profesorado aprendendo a programar, usando o programa scratch.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

IMPRESIÓN 3D

Sesión de traballo do profesorado participante con programas varios de impresión 3D. Manexo e practica co SketchUP. Deseño de pezas sinxelas.

 

 

 

 

 

ROBÓTICA

Os alumnos de 6º de primaria encargáronse da montaxe dos kirs dos robots e da posta en funcionamento dos mesmos. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

APRENDEMOS A PROGRAMAR

O alumnado a través de diferentes programas informáticos aprenden a darlle instruccións aos robots, así como a poñerlle cor e son nos diferentes movementos.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

POÑÉMONOS EN MARCHA!!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

VIDEOS TRABALLANDO COS ROBOTS

 

 

PROGRAMACIÓN E DISEÑO COA IMPRESIÓN 3D. IMPRESIÓN DE PEZAS SINXELAS

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

EXPOSICIÓN "OS PLÁSTICOS" 

 

Os alumnos de 4º ESO investigaron acerca dos plásticos: historia, orixe, fabricación, usos... céntrandose particularmente na súa reciclaxe, reutilización e incidencia medioambiental. 

O resultado pódese ver nas seguintes imaxes. Diferentes grupos de alumnos pasaron a ver dita exposición, e os seus autores ofreceron todo tipo de explicacións ós seus compañeiros.

 

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut