Skip to Content

Enlace Aula Virtual

   

    

Complementarias

As mulleres fan Historia: "A carreira espacial e a guerra fría"

O alumnado de 4º ESA A realizou diferentes actividades sobre a temática desta presentación da súa profesora Ana Arias, do departamento de Historia. Se visitades o blog de Donas de Sí da Epapu poderedes acceder a todas as actividades e produccións do alumnado que se atopan tamén nesta carpeta compartida de Drive

A prensa da historia

As alumnas e alumnos de primeiro de Bacharelato convertéronse en:

REPORTEIROS DA HISTORIA

As mulleres que cambiaron a ciencia

A nosa compañeira María realizou a montaxe deste video dunha das actividades máis bonitas que se fixeron con motivo do 8M ao longo da semana pasada. As alumnas e os alumnos de 4º ESA Noite e a súa titora Rosa, fixeron un traballo marabilloso.  O alumnado púxose na pel de científicas ou dos seus familiares para transmitirnos de primeira mán a súa experiencia vital. Ademais do video resumo, se accededes ao blog de Donas de Si poderás ver os videos enteiros de tódalas intervencións.

A POLO 8M!!! Tódalas actividades da EPAPU propostas polos departamentos

Encaramos a semana do 8M con moita forza e un bo feixe de actividades deseñadas polos distintos departamentos da EPAPU. A nosa compañeira María recopilou todo o traballo feito e as actividades previstas para os vindeiros días en diferentes entradas do blog DONAS DE SI. Aquí vos deixo unha pequena escolma e os enlaces ás distintas entradas do blog.

Mulleres que cambiaron a ciencia

Proposta do Departamento de Ciencias para o día da muller. Vai ir acompañado dunha dramatización realizada polos alumnos de 4ºESA Noite e da súa profesora Rosa Méndez Campos, devecemos porque chegue o día 8 para poder disfrutar da vosa arte.

Semana do amor e a amizade na EPAPU Ourense

Se queres demostrar o teu cariño a alguén só tes que dicilo, esperamos as túas mensaxes na urna da planta baixa. O vindeiro luns entregaremos as cartas xunto cun doce agasallo aos seus destinatarios.

 

Once de febreiro, Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

Co gallo da celebración o once de febreiro do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, na Escola traballáronse contidos relacionados coa ciencia e as nosas científicas. María, no blog Donas de Si, recopilou diferentes actividades que vos amosamos a continuación, cos enlaces ás respectivas entradas:

           

Once de febreiro, Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

A nosa compañeira Sandra recomendounos este xogo de cartas que decidimos imprimir en galego e plastificar (grazas Belén!). Women in science que presenta a 44 científicas de disciplinas variadas. A baralla é unha idea de Anouk Charles e Benoît Fries e está composta por 52 cartas debuxadas polo artista Francis Collie. Xogando con esta singular baralla, pódese aprender sobre as achegas destas mulleres, algunhas delas moi pouco coñecidas. Ademais, este xogo pretende ofrecer modelos, tanto a mozas como a mozos, para que se animen a estudar carreiras de ciencias.

 

Se queres máis información ou descargar o xogo, podes facelo na web Mujeresconciencia

 

Así  nos quedou a nosa baralla:

 

Ciclo de conferencias Coñécete: programa de educación sexual

Estase a celebrar o ciclo de conferencias "COÑÉCETE: Programa de educación sexual" que se desenvolve no centro asistindo alumnos da ESA das quendas de mañá e tarde.

25-N Día eliminación violencia contra a muller

O noso alumnado elaborou diferentes murais para conmemorar o día internacional da eliminación da violencia contra a muller. Aquí tedes o resultado:

1º ESA QUENDA MAÑÁ

 

3º ESA GRUPO A QUENDA MAÑÁ

 

4º ESA GRUPO A QUENDA MAÑÁ

 

4º ESA GRUPO B QUENDA MAÑÁ

 

3º ESA QUENDA TARDE

 

ENSINANZAS BÁSICAS INICAIS I e II

 

CURSIÑOS INGLÉS ADULTOS

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut