Skip to Content

TRANSPORTE ESCOLAR - CURSO 2023-2024

As novas paradas solicitaranse polas persoas interesadas para persoas usuarias con dereito nos centros escolares dentro dos prazos que establece a instrución.

 

PRAZO: Ata o 07 de xullo para todas as solicitudes.

 

Unicamente poderán ser tramitadas fóra deste prazo solicitudes por necesidades extraordinarias debidamente xustificadas, cambios de domicilio, escolarizacións posteriores ao comezo do curso, escolarizacións forzosas, etc.

 

Acceso á circular aquí.

Acceso á solicitude de modificación de itinerario aquí.

 

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR NA ESO PARA O CURSO 2023-2024

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2023/24
Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/2024.
O prazo para presentar solicitudes será do 20 de maio ata o día 21 de xuño de 2023 (ambos días incluídos).

GRADUACIÓN 2° BACHARELATO - CURSO 2022-2023

No programa para o acto de Graduación de 2° de Bacharelato cos nosos alumnos e alumnas como principais protagonistas, preparáronse distintas actuacións. A vicedirectora, Isabel Dobaño, e o secretario, Josecho González, colaboraron en todos os preparativos. Os presentadores Elena Fraga  e Pedro Fariña foron os perfectos anfitrións. Ademais dos discursos da directora, Marta Martínez, e as titoras, María Rei e Olaya Fernández (titora do curso anterior) houbo dúas presentacións de proxeccións realizados polas alumnas Nuria García (coa colaboración do profesor Carlos López) e Tania Fraga. As actuacións musicais en directo foron brillantes, tanto por parte de Mariña Pérez coma de Daniela Montes. E, como non, os representantes de cada grupo presentaron o seu discurso cunhas moi boas pinceladas de humor, tan necesarias. A entrega de becas e agasallos foi o momento álxido do acto de graduación e esperamos sexa un gran recordo. Desexámosvos o mellor e esperamos saber pronto de vós como mulleres e homes de futuro cumprindo os vosos soños de vida.

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO - CURSO 2023-2024

Publicado no taboleiro do centro as listaxes DEFINITIVAS do alumnado admitido no noso centro para o curso 2023-2024.

BOLSAS E AXUDAS ANEAE - MINISTERIO DE EDUCACIÓN - CURSO 2023-2024

Bolsas e Axudas para Alumnado con Necesidade Específica de Apoio Educativo (ANEAE) do Ministerio de Educación para o curso 2023-2024.

Plazo de presentación de solicitudes do 08 de maio de 2023 ata o 20 de setembro de 2023.

Acceso ao enlace AQUí.

PREMIOS EXTRAORDINARIOS - ESO CURSO 2022-2023

Convócanse os premios extraordinarios de Educación Secundaria Obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2022/2023.

O prazo de presentación de solicitudes será do día 31 de maio de 2023 ao día 30 de xuño de 2023 (ambos incluídos).

Orde do 31 de marzo de 2023 (DOG)

Extracto da Orde do 31 de marzo de 2023 (DOG)

Distribuir contido

 



by Dr. Radut