Skip to Content

INTERCAMBIO A LARACHA - LES SABLES D'OLONNE - ABRIL 2023

A irmandade entre A Laracha e Les Sables d'Olonne faise realidade cunha representación do noso alumnado de 3° da ESO acompañados pola súa profesora Ana Rodríguez. Seguro gozando moito deste intercambio, dando sentido ao aprendido en clases e favorecendo a comunicación coa lingua e coa cultura francesa.
O alumnado da Laracha estará esta semana en Francia do 9 ao 15 de abril. O alumnado de Les Sables d'Olonne virá do 5 ao 12 de maio. 

ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2023-2024

Publicado no taboleiro do centro as listaxes provisionais do alumnado admitido no noso centro para o curso 2023-2024.

Período de reclamación: 5 días hábiles a contar dende o día seguinte da publicación das listaxes provisionais.

PREMIOS EXTRAORDINARIOS - BACHARELATO CURSO 2022-2023

Convócanse os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2022-2023.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día 26 de abril de 2023 e rematará o día 25 de maio de 2023.

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/39544

Orde do 20 de marzo de 2023

Extracto da Orde do 20 de marzo de 2023

BOLSAS DE EDUCACIÓN - CURSO 2023-2024

Bolsas e axudas do Ministerio de Educación e Formación Profesional para o alumnado de Bacharelato, Formación Profesional e Universidade para curso 2023-2024.

Máis información AQUÍ.

Calquera dúbida pasar polo Departamento de Orientación.

14 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DAS MATEMÁTICAS

O Departamento de Matemáticas preparou unha serie de actividades moi interesantes para celebrar o Día Internacional das Matemáticas que podedes ver premendo na imaxe: 

OBXECTIVIDADE NA AVALIACIÓN E PROCEDEMENTO DE RECLAMACIÓN - CURSO 2022/2023

Publicada a Instrución 2/2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se precisan aspectos da Orde do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato, para o curso 2022-2023.

Máis información aquí.

8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Con motivo do Día Internacional da Muller, ademais do precioso mural e o photocoll preparado polo Equipo da Biblioteca en colaboración co Departamento de Educación Plástica, Vicedireccion... organizáronse obradoiros en cooperación co Centro de Información á Muller do Concello de A Laracha e, para rematar a semana, exitosa participación co baile de "Jerusalema" no exterior do centro co alumnado e o profesorado en conxunto, en harmonía e en convivencia.

 

 

23 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O EDLG está a preparar distintas actividades dedicadas ao 23 de febreiro: Día de Rosalía de Castro.

O 23 de febreiro de 1837 nace Rosalía de Castro, fai 186 anos, como follas que leva a Figueira de Rosalía no Xardín Botánico-Artístico de Padrón, como figueiras en cada casa galega, como referente da nosa literatura galega e do feminismo.

ENTROIDO 2023

Este ano tivemos moito nivel e o fixeron todas e todos fantasticamente.

1° Premio para o alumnado de 1° Bacharelato A (Musical Mix) con coreografía moi ben montada.

2° Premio para o alumnado de 3° ESO B (Cruisin for a Bruisin) con moi  boa coordinación.

3° Premio compartido entre o alumnado de 1° ESO D (Bella Ciao) e 2° ESO D (El taxi)

Parabéns para todas e todos!!!! 

Distribuir contido

 



by Dr. Radut