Proxecto deportivo do centro: " O Circo na escola"

 

O PROXECTO

O centro ofertará un obradoiro de actividades de ampliación do currículum “O circo na escola” promovido dende o Departamento de EF e con contidos como: acrobacias, expresión corporal, malabares, zancos, etc.

  • XUSTIFICACIÓN:

Este proxecto nace da inquedanza por conseguir acadar máis tempo entre o alumnado para a súa práctica motriz e incrementar o seu gusto polo movemento, no eido de traballar no centro a COMPETENCIA MOTRIZ, esa grande esquecida nas leis educativas e tan necesaria para poder realizarse o alumnado como persoa. Sorde tamén da solicitude por parte dalgúns alumnos e alumnas de amosar os seus traballos e creacións coreográficas ó resto da comunidade educativa, solicitando algúns vir nos tempos de lecer para facer as súas montaxes e aprender novas acrobacias e habilidades ximnásticas para incluír nelas.

  • EXPERIENCIA PREVIA:

No curso pasado 2011-12 o alumnado respondeu favorablemente (entre 15 e 19 alumnos e alumnas todos os mércores durante o último mes e medio do curso pasado) e ante a súa nova demanda este ano temos a intención de estabilizar o proxecto para tentar ampliar a oferta motriz no centro.

  • HORARIOS:

Os mércores de 16'30 a 18'30 h. fóra do horario escolar.