Educación física

Diario da semana branca Valgrande - Pajares, 14 a 19 de xaneiro de 2024

Outro ano máis na neve!!!

Aprendendo que o cambio climático é unha realidade incuestionable: tan só tres días de neve e marchando aos poucos a acumulada da semana anterior. O medio natural é incerto e sabemos que pode acontecer, pero nos últimos anos… que imos contar que non esteamos vendo a diario! Malia todo, iamos con recursos e alternativas preparadas que conseguiron que o alumnado gozase e aprendese, tanto no medio natural como no medio urbano.

 

DÍA 1

Chegada eufórica, coma sempre, e ilusionados polo deporte descoñecido. Proba do material e a aparente incomodidade inicial das botas. Subida ás pistas a primeira hora (9.00 am.) no “ovo”, un telecadeira para oito persoas dende onde gozamos da paisaxe subindo á cota máis alta da estación (Cuitu Negru: 1862 m), fronte ás coñecidas Tres Marías (1964 m na montaña central leonesa).

 

Primeiras clases (2 horas) co profesorado técnico especialista da estación. Ao rematar, ás 11.00 am. continuamos co esquí libre ata a hora de comer (13.00 pm.). Xa de tarde continuamos esquiando ata que nos botaron da estación sobre as 16.15 para contemplar a paisaxe de novo no “ovo”. Mágoa que na última media hora xorde un accidente típico dunha actividade de risco como é o esquí e temos o primeiro e único lesionado: subluxación de xeonllo (non tan grave como inicialmente parecía, pero sen posibilidade de seguir esquiando).

Antes de ir ao albergue, o resto do alumnado aproveita para unha típica actividade nesta saída: esvarar por unha ladeira próxima coas “tixolas de neve”: diversión asegurada e loucuras e tolerías sen apenas máis risco que enzoufarse pola neve cando nos desequilibramos e caemos.

 

Información sobre a viaxe a Andorra 2014

 

Neste enlace poderás atopar información sobre a saída a Andorra.

Vídeos para a inicicación na dobre corda

RECOMENDADO

Non podedes perdervos este artigo: se queredes aprender e mellorar na dobre comba tedes que visionar esta serie de vídeos.

Estes vídeos perteñecen a Federación Francesa de Dobre Corda (FFDD) e son vídeos moi curtos e neles aprenderedes o básico para inciarse nesta actividade deportiva emocionante e espectacular. Aínda que estean en frances non teñen perda.

VÍDEO 1: Cómo amarrar as cordas

Salto da corda

No documento adxunto atoparedes as figuras para a composición individual e os baremos da proba de velocidade.

Ademáis neste artigo poderedes gozar duns vídeos espectaculares da dobre corda... A brincar!!

VIDEO 1: Yves Larock- Rise up

Traballo quecemento

Guía para a elaboración do traballo grupal sobre o quecemento. Neste documento atoparedes os recursos necesarios tanto para a elaboración do traballo como para a súa exposición o resto do grupo.

Valoración da Condición Física saudable

Documento para a valoración da condición física saudable. Este documento contén as taboas cos baremos de valoración das probas e a planilla para encher os resultados nas probas físicas. Non vos esquezades de entregar esa planilla xunta cas fichas de traballo o dia do exame.

Apuntes para o exame: Biomecanica e anatomía humana

Estes son os apuntes sobre principios biomecánicos e anatomía humana para o exame da avaliación, xunto cos de soporte vital básico, colgados no artigo anterior.

Apuntes Soporte Vital Básico

Aquí tedes os apuntes sobre o soporte vital básico. Nestes apuntes atoparedes os protocolos de actuación para os casos A, B e C e a OVACE vistos nas sesións prácticas.

Tamén o final do tema tedes recursos da rede moi recomendables.

Nesta ligazón poderedes practicar a RCP no navegador ca aplicación interactiva:

Recursos na rede: Os estiramentos

Nestes ligazóns atoparedes recursos para mellorar a vosa flexibilidade e poder elaborar a vosa taboa de estiramentos para despois da actividade física:

  • Buscador de estiramentos

Nesta páxina atoparedes estiramentos específicos para calquer músculo do corpo:

http://www.runners.es/rcs/estiramientos/base.html

Programa de saude: "Invirte en saude...Come froita!"

En breve o Departamento de EF, proporá e promoverá un programa para fomentar habitos saudables no noso alumnado.

Estade atentos...

Distribuir contido