1º Bacharelato

Valoración da Condición Física saudable

Documento para a valoración da condición física saudable. Este documento contén as taboas cos baremos de valoración das probas e a planilla para encher os resultados nas probas físicas. Non vos esquezades de entregar esa planilla xunta cas fichas de traballo o dia do exame.

Apuntes para o exame: Biomecanica e anatomía humana

Estes son os apuntes sobre principios biomecánicos e anatomía humana para o exame da avaliación, xunto cos de soporte vital básico, colgados no artigo anterior.

Apuntes Soporte Vital Básico

Aquí tedes os apuntes sobre o soporte vital básico. Nestes apuntes atoparedes os protocolos de actuación para os casos A, B e C e a OVACE vistos nas sesións prácticas.

Tamén o final do tema tedes recursos da rede moi recomendables.

Nesta ligazón poderedes practicar a RCP no navegador ca aplicación interactiva:

NORMAS DE USO DAS INSTALACIÓN E NORMAS DAS SESIÓNS DE EF

Ademais das normas recollidas no RRI do centro, na área de educación física especifícanse as seguintes recollidas no documento adxunto. Recordade que o incumprimento destas normas será un motivo para non superar o bloque de contidos de actitudes da asignatura. As instalacións e os materiais utilizados nas sesións de EF é para todos os alumnos do centro, e por iso é fundamental para a súa conservación un uso respetuoso e responsable dos mesmos.

Instrucións para matriculación no Curso da Aula Virtual

Aquí tedes as instrucións e un videotuotrial para inscribirse no curso da aula virtual. Tentade facelo canto antes porque se pechará o prazo despois das dúas semanas vindeiras.

Entrade na Aula virtual:

http://www.edu.xunta.gal/centros/iesalexandreboveda/aulavirtual

Entrade na sección do Departamento de EF e elixides o profesor. Picade no ícono da chave e seguide as intruccións para "Crear unha nova conta".

sentímolo, flash non está dispoñible.

Fichas de traballo para 1º de bacharelato: 1ª Avaliación

Fichas de traballo: "Valoramos a nosa Condición Física e Saude"

Distribuir contido