Skip to Content

Matemáticas

Unha andaina pola astronomía

16/01/2017 16:00
Etc/GMT+1

O próximo luns día 16 visitará este centro un matemático e operador de telescopios que nos trasladará un pouco máis preto das estrelas. O noso conferenciante é Víctor Tilve, licenciado en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela, estudante no programa de doutoramento do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da mesma Universidade, e na actualidade traballa no Centro de Estudios de Física del Cosmos de Aragón.

Esta charla vai dirixida a alumnado de 1º e 2º de Bacharelato Científico e Tecnolóxico, dada a relación cos contidos dalgunhas das materias presentes no currículo destes cursos. O tema a tratar será un percorrido pola Astronomía, sen afondar en conceptos técnicos, así como unha breve introdución ao traballo que Víctor está a realizar no Observatorio Astrónomico de Javalambre (Teruel).

Ademais da información que se poida tratar na charla, tamén teremos oportunidade de satisfacer a nosa curiosidade mediante unha rolda de preguntas que, sen dúbida algunha, o noso conferenciante responderá de moi bo grao.

Desde o Departamento de Matemáticas animamos a todo o profesorado que se atope dispoñible a achegarse ata o salón de actos para participar desta charla que, de seguro, será moi entretida.

 

No Faro de Vigo

06/12/2016 00:00
08/12/2016 00:00
Etc/GMT+1

Esta semana o noso centro estivo presente na prensa.

O pasado martes Faro de Vigo publicaba unha noticia sobre a participación do centro no proxecto EpDLab, proxecto centrado na educación en valores e novas tecnoloxías, e no que participamos desde o curso pasado. Podedes ler a noticia aquí.

O xoves, de novo no Faro, unha referencia ao éxito do noso alumnado no Rally Matemático e Científico Sen Fronteiras (rally que ganaron tres anos seguidos) e a visión que ten ao respecto o director do centro, dentro dunha reportaxe máis ampla sobre a excelencia no ensino galego, en relación aos resultados do informe PISA. Tendes dispoñible a reportaxe completa aquí, e a referencia ao noso centro aquí.

Campións do Rally matemático europeo 2016

19/05/2016 00:00
23/05/2016 00:00
Etc/GMT+1

 

O pasado 13 de maio, alumnos e alumnas de 1º e 4º de ESO participaron na final europea do Rally Matemático e Científico Sen Fronteiras 2016 que se celebrou na Universidade Paul Sabatier de Toulouse ( Francia) e resultaron os campións do Rally, nas súas respectivas categorías.

O alumnado ganador son Raquel, Noela, Álvaro, Carlos, David, Diego, Miguel e Víctor, de 1º de ESO, e Elsa, María, Diego, Gabriel, Manuel Ángel, Miguel, Néstor e Santiago, de 4º de ESO. Todo o proxecto estivo coordinado polos profesores de matemáticas Carmen López e Antonio Benito.

O exame constaba de dúas partes, unha primira que consistía na resolución de tres problemas en 20 minutos, e unha segunda parte cun só problema a contrarreloxo, cun tempo de 10 minutos. No caso de empate, o ganador sería o equipo que o resolvese en menos tempo.
Tanto o noso alumnado de 1º como lo de 4º realizaron ben todos os problemas e foron os primeiros en entregar o exercicio a contrarreloxo, así que foron os ganadores absolutos.

As probas realizáronse desde as nove da mañá ata as catro da tarde, e participaron centros de ensino de moitas nacionalidades como Francia, Túnez o Suiza, entre outros.

Ganadores do Rally matemático galego

08/04/2016 10:00
Etc/GMT+1

 

En marzo comenzou o Rally Matemático e Científico sen Fronteiras 2016 que terá a superfinal en Toulouse o 13 de maio.
A primeira fase levouse a cabo o día 15 de marzo en cada centro educativo. A participación en liña superou o centenar de centros en toda Galicia. Desta fase foron seleccionados dous dos nosos grupos de alumnos e alumnas, de 1º ESO e 4º ESO respectivamente.

O día 8 de abril realizouse na Facultade de Química a final da fase galega, á que acudiron os 15 grupos finalistas seleccionados. Para a final europea resultaron clasificados para representar a Galicia nos niveis de 1º e 4º de ESO o alumnado participante do IES A Sangriña. Son dous grupos de oito alumnas e alumnos que traballan en grupo, para o cal discorren e gozan das matemáticas unindo as súas destrezas e capacidades para resolver problemas de elevada dificultade.

Estes rapaces e rapazas son Raquel, Noela, Álvaro, Carlos, David, Diego, Miguel e Víctor, de 1º de ESo, e Elsa, María, Diego, Gabriel, Manuel Ángel, Miguel, Néstor e Santiago, de 4º de ESO. Todo o proxecto estivo coordinado polos profesores de matemáticas Carmen López Fernández e Antonio Benito García.

Xa en dúas ocasións o noso alumnado ganou o Rally europeo. Esperemos que co seu esforzo e dedicación repitan este logro!

Distribuir contido


by Dr. Radut