Skip to Content

Matemáticas

O Equipo Galego formado polos gañadores do Rally Científico Matemático 2015 gañan de novo en Toulouse

Desde IGACIENCIA, como entidade organizadora e responsable da boa marcha dos equipos galegos que seleccionamos entre case centenar e medio de equipos, prácenos comunicar que os nosos equipos resultaron gañadores na proba final do Rally Matemático de Toulouse o día 22 de maio.

A selección galega composta polos grupos: IES A Sangriña (A Garda),  IES Xermán Ancochea Quevedo ( A Pobra de Trives), IES María Casares (Oleiros), IES Os Rosais  2 (Vigo), IES Lauro Olmo (O Barco de Valdeorras) ,  conseguiron a victoria nunha nova modalidade do Rally Matematico sen Fronteiras na súa fase internacional celebrada o día 22 de maio na Universidade Paul Sabatier  de Toulouse. Despois de resolver 4 problemas cunha puntuación de 10, recibiron as súas respectivas copas e a ilusión e as gañas de repetir a experiencia en próximas veces. 

Parabéns aos nosos campións!

 

Campeóns galegos por segundo ano consecutivo no rally matemático

O alumnado de 1° ESO Sarai Alfonso Acevedo, Iago Álvarez Lomba, Valeria Baz Pérez, Nayara Diego Rodríguez, Alex Fernández Videira, Lucía Lorenzo Serrano, Nair Álvarez Alonso e Yoel Cardoso Barbosa, tras superar diferentes probas, acadaron o primeiro posto da súa categoría no rally matemático galego. O vindeiro 22 de maio representarán a nosa comunidade no campeonato internacional de matemáticas en Toulouse.
Noraboa equipo!

Alumnado ganador do Rally matemático, de novo no Faro de Vigo

04/06/2014 00:00
Etc/GMT+1

O Faro de Vigo volve publicar hoxe, 4 de xuño de 2014, unha noticia sobre o noso alumnado de 2º de ESO, ganador ex aequo no Rally matemático de Toulouse. Parabéns, rapaces!

Acceso á noticia aquí.

Alumnado do noso centro gana no Rally Matemático 2014 en Toulouse

24/05/2014 11:00
Etc/GMT+1
Os alumnos de 2° ESO Delia Alfonso, Iria Fernández, Elena García, María González, Marco Patiño, Miguel Torres, Elsa Vázquez e Claudia Vicente, acompañados das súas profesoras de Matemáticas Carmen López -quen os preparou- e Paula Orta, chegaron con moita gana de facer historia á superfinal do II Rally matemático 2014 celebrada neste mes de maio en Toulouse (Francia), e así foi: trouxeron á casa a copa que os acredita como ganadores ex aequo na súa categoría.
Noraboa a todo o equipo!

Máis información na web de Igaciencia, premendo aquí

Distribuir contido


by Dr. Radut