Skip to Content

Música

Departamento de Música

Concerto de fin de curso

09/06/2016 12:20
Etc/GMT+1
O pasado día 9 de xuño tivo lugar o concerto de Fin de curso do alumnado de Música do centro, no que interviron rapaces e rapazas de 2º, 3º e 4º de ESO e 1º do Bacharelato, cun programa que incluía variadas obras e pezas musicais.
Puidemos escoitar desde cantigas da Idade Media ata bandas sonoras ou temas da música popular moderna. O programa tamén incluía arranxos de temas tradicionais irlandeses ou jazz. O acto finalizou co alumnado e o público gozando e cantando repertorio da música popular cubana e galega.
O departamento de Música quere transmitir o seu agradecemento a todo o alumnado e profesorado que colaborou no evento, así como todas as persoas que asistiron como público.
Podedes premer na seguinte ligazón para escoitar parte do concerto.
 
 

As Letras con Música

09/05/2016 12:00
Etc/GMT+1

 

O pasado día 9, dentro do marco das I Xornadas dos Libros ás Letras organizadas por Normalización Lingüística, celebrouse o día da Música. Puidemos gozar da intervención musical nas voces de María Rodríguez, Alfredo Garrido e a colaboración de Tino Baz, ao cal agradecemos especialmente a súa presenza no acto.

Un bonito repertorio que incluíu cancións como María Balteira (composta polo grupo A Quenlla co poema de Darío Xohán Cabana), O carro (poema de Manuel María) e Galiza mailo Minho (poema conxunto de Joâo Verde e Amador Saavedra) que reflicte unha bonita historia das dúas ribeiras.

Podedes ver o vídeo da actuación premendo aquí

Continuous professional development" ERASMUS + PROGRAMME

Durante a primeira semana de marzo, e dentro do marco europeo de continuo desenvolvemento profesional "Continuous professional development" ERASMUS + PROGRAMME", o profesor de música Alfredo Garrido realizou un curso en Dublín de introdución ao sistema educativo Irlandés, consistente en diferentes ponencias, talleres, grupos de debate e visitas, incluíndo centros escolares da capital Irlandesa.
Todo isto cos obxectivos de reforzar a adquisición de novas competencias por parte do alumnado, mediante a introdución de tecnoloxías da comunicación (ICT), e a creación de redes europeas para futuros proxectos en común.
Ao curso asistiu profesorado de trece países europeos, e foi unha excelente oportunidade para crear vínculos e xerar contactos. Como colofón, as persoas participantes realizaron presentacións utilizando os recursos aprendidos no transcurso do mesmo.

Alumnado de ESO asiste a un concerto da orquestra sinfónica de Galicia

02/12/2015 11:00
Etc/GMT+1

O pasado dous de decembro o alumnado de 3º e 4º de ESO, acompañado polo profesorado do Departamento de Música, tivo a oportunidade de asistir a un concerto didáctico da orquestra sinfónica de Galicia, en Santiago de Compostela.

Gozaron dun programa moi atractivo e interesante, puideron escoitar diferentes movementos das obras dos compositores dos periodos galante e clásico coma "Luigi Boccherini " e Wolfgang Amadeus Mozart, do que escoitaron pezas de danza coma serenatas, marchas, minués e rondeaux. O director da orquestra, Maximino Zumalave, explicou os diferentes movementos, o propósito e o sentimento dos mesmos. Tamén puideron escoitar instrumentos da época como a trompa de postillón. Finalmente, algúns alumnos e alumnas conversaron persoalmente con el sobre cuestións musicais.

Unha experiencia interesantísima para gozar, espertar a sensibilidade, comprender e palpar a música de primeira man.

Distribuir contido


by Dr. Radut