Skip to Content

Música

Departamento de Música

Viaxe do departamento de Música a Madrid

23/04/2015 12:49
23/04/2015 16:49
Etc/GMT+1
O  pasado mes de marzo, os rapaces de 2º e 3º ESO viaxaron a Madrid. Trátase dunha viaxe musical - cultural que se leva facendo no departamento dende hai varios anos e que está destinada a promover e ampliar a formación musical e, como non, cultural do noso alumnado. 
A visita a Madrid quedou establecida como parte importante das actividades complementarias do departamento de música. Nesta ocasión asistimos a dous musicais: El Rey León  e Priscilla, Reina del Desierto. Así mesmo, sempre foi obxectivo fundamental na organización desta actividade aproveitar o desprazamento a Madrid para visitar algún museo (Museo do Prado e Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía), o Zoo-Aquarium ou percorrer os lugares máis emblemáticos da cidade (Madrid das Letras, Madrid dos Austrias...).
Coma tódolos anos, os rapaces viñeron encantados coa viaxe. Consideramos moi importante, polo
tanto,manter esta actividade para os vindeiros cursos.
Os profesores acompañantes foron Alfredo Garrido Navas (Departamento de Música) e Noelia Vallina Pascual (Departamento de Francés).

Enlace o video

Viaxe musical a Madrid

24/02/2014 08:00
27/02/2014 22:30
Etc/GMT+1

O pasado mes de febreiro os rapaces de 3º ESO viaxaron a Madrid para participar nunha actividade de formación musical que leva organizando o Departamento de Música desde hai varios anos e que está destinada a promover e ampliar a formación musical e cultural do noso alumnado.

Nesta ocasión asistiron a dous musicais: El Rey León e Hoy no me puedo levantar. Paralelamente visitaron algúns museos e o Zoo-Aquarium, e percorreron algúns dos lugares máis emblemáticos da cidade, como o Madrid das Letras ou o Madrid dos Austrias.

Xa se está a converter nun clásico desta viaxe atoparse con algún personaxe famoso: actores, músicos... Nesta ocasión coincidiron co xogador de fútbol David Villa nun dos restaurantes do Zoo-Aquarium.

Coma todos os anos, os rapaces viñeron encantados coa viaxe. O Departamento de Música considera moi importante, polo tanto, manter esta actividade para os vindeiros cursos.

Os profesores responsables desta actividade foron Alfredo Garrido Navas e Nuria Vázquez García, que acompañaron ao alumnado durante cinco días moi intensos.

Asistencia á ópera The Telephone, en Santiago de Compostela

31/01/2014 08:20
Etc/GMT+1

 

O 31 de xaneiro os rapaces de 2º ESO, 3º ESO e 4º ESO asistiron á ópera The Telephone, no Auditorio de Santiago de Compostela. A saída, organizada polo Departamento de Música, realizouse en horario de mañá, de 8:20 a 14:00 h, e os profesores acompañantes foron Nuria Vázquez García e Alfredo Garrido Navas.

The Telephone é unha ópera cómica nun acto con música e libreto do compositor italo-estadounidense Gian Carlo Menotti.

A Real Filharmonía de Galicia interpretou a ópera de Menotti, que é unha divertida parodia que fai unha crítica, a xeito de farsa, sobre a carencia de comunicación nas relacións humanas. A estrea da obra tivo lugar no Hecksher Theater de Nueva York o 18 de febreiro de 1947.

Os rapaces gozaron coa obra a pesares de que era a primeira vez que moitos deles asistían a unha ópera. O Departamento de Música procurará repetir esta experiencia nos vindeiros cursos.

Concerto de fin de curso 2013.

O pasado mes de maio, alumnos e alumnas do IES A Sangriña ofreceron un concerto no que interpretaron un repertorio musical moi variado: obras tradicionais galegas e adaptación de bandas sonoras.

Nas seguintes fotos incluense algúns dos momentos da actuación.

Distribuir contido


by Dr. Radut