Consigue o teu título de Bacharelato ou de ESO cos estudios de adultos do IES Castelao


Xa está aberto o prazo de matrícula para os estudos de Adultos.

[Clica aquí para ampliar información]

AMPLÍA OS TEUS ESTUDIOS NA QUENDA DE ADULTOS

HORARIOS VESPERTINOS

 


ESA (Educación Secundaria para persoas Adultas)

 

Te interesa se:

-Queres convalidar os teus estudios dende outro sistema educativo

-Queres retomar os teus estudios

-Queres rematar a ESO

 


Para cursar estes estudos no réxime de adultos hai que ser maior de idade ou ter 16 anos e un contrato de traballo.
A nova lei tamén fala da posibilidade de, excepcionalmente, autorizar para matricularse no réxime de adultos a alumnos/as maiores de 16 anos en circunstancias que lles impidan acudir normalmente ó centro polas mañás (debidamente acreditado) e a aqueles que non estiveran matriculados no sistema educativo español con anterioridade.
 
- Módulo 3 (equivalente 3º ESO) os 18 anos poden cumprirse ata o 31 de decembro do 2022.
 
- Módulo 4 (equivalente a 4º da ESO) poderanse matricular se cumpren 18 ata finais de abril do 2023. Neste caso a matrícula pode facerse a principios de ano (xaneiro 23). Se se cumpren as condicións, é posible facer un traslado de expediente nesa altura para adultos.
 
 


Bacharelato para persoas Adultas

 

Te interesa se:

-Procedes dun ciclo e queres abrir as túas perspectivas profesionais

-Queres retomar os teus estudios

-Queres presentarte a unha oposición

-Queres acceder á Universidade

 

 

 


Modalidades de Ciencias e Humanidades e Ciencias Sociais.
 
A matrícula está aberta tanto para facer curso completo como para matricularse de materias soltas.

En adultos é posible simultanear 1º e 2º nun Curso Ponte a aqueles alumnos/as que teñen varias materias de 1º e non queren repetir o curso. Isto quere dicir que poden facer esas materias de 1º e matricularse simultaneamente de algunha materia de 2º.  

Infórmate tamén das validacións se procedes dun ciclo formativo.