As actividades da nosa Biblioteca están integradas dentro do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia. |
Hoxe fixémoslles entrega dos premios aos gañadores do concurso de microrrelatos a partir de títulos de libros.
Os gañadores da categoría 1º a 3º da ESO foron: Dylan Simões Rúa (1º ESO C) e Aurora Iglesias Gaspar (2º ESO C). A decisión foi ex aequo logo de deliberar o xurado e entender que ambas as composicións eran merecentes de recoñecemento.
Na categoría de 4º da ESO a 2º de BACH a gañadora resultou ser Mencía Jorge Cabaleiro (2º BACH E). A nosa prometedora escritora fíxose con este galardón al presentar un texto ben orixinal.
Parabéns aos tres! Seguide lendo e escribindo moito e ben!
Rematamos esta semana dedicada ao Día do Libro cunhas lecturas abertas do alumnado de 2º de Bacharelato.
Xunto coas súas profesoras de Lengua castellana y literatura, seleccionaron fragmentos das obras de lectura que lles entran nas probas ABAU.
O alumnado de 1º de bacharelato, 4º ESO PDC e Club de lectura tivo unha xornada moi especial neste 25 de abril. Acudiron ata Celanova, o que significou a décima visita do instituto.
A saída comezou coñecendo a vila de Vilanova dos Infantes, descubrindo a súa historia a través da Torre da Homenaxe, a virxe do Cristal e o museo dos zapateiros.
María Canosa visitou o IES Castelao para ter un encontro co alumnado de 1º da ESO, logo de ler a biografía que escribiu da autora homenaxeada nas letras galegas deste ano: Luísa Villalta. Melodías de palabras.
O encontro versou arredor do proceso de creación desta obra.
O alumnado de 2º da ESO achegouse ata a Biblioteca Ramiro Fonte para descubrir por que se celebra un 23 de abril o día do libro.
Ademais coñeceron a existencia do galardón Premio Cervantes, a súa relación con esta conmemoración e puideron desfrutar da lectura dun relato do último premiado; ‘El lobo’ de Luis Mateo Díez.
O club de lectura de adultos, A pé de obra, reuniuse nesta semana que xira arredor do Día do libro para comentar a obra ‘A Trenza’ de Laetitia Colombani.
Entre todos debullaron as particularidades das tres historias que se van entrelazando ata confluír nun punto en común.
Superación, enfrontamentos contra o establecido, lágrimas e tamén risas acompañaron o noso profesorado con cada páxina lida. Esta foi unha historia que non os deixou indiferentes; pois a maior parte deles conectaron e sentíronse identificados coas protagonistas.
Ademais, coma en encontros anteriores, nesta conversa compartiron experiencias persoais relacionadas con viaxes, traballo e situacións semellantes ás que se narran no libro.
Unha hora ben proveitosa, adozada cunhas boas larpeiradas!
Este luns, o alumnado de 1º Bach D e E e o club de lectura tivemos a sorte de contar con Branca Trigo, alumna en prácticas do máster de educación no noso centro, para que presentase o seu último poemario Trans0 e nos falase xunto a Alfredo Vázquez da súa editorial Malafera e de proxectos como o micro aberto Cerimonia de Gaivotas.
Ao final da xornada agasallounos cun recitado dalgúns poemas do libro. Todo un pracer, Grazas Branca!
O luns 15 de abril tivemos a enorme sorte de contar no noso Club de Lectura coa presenza dun escritor moi novo de idade pero xa moi experimentado e cunha bagaxe e unha experiencia extraordinarias no trato co alumnado e o lectorado xuvenil.