abalarMóbil

AbalarMóbil

AbalarMóbil é unha aplicación gratuíta para o teléfono móbil que permite facer un seguimento das faltas e notas do alumnado. Neste vídeo podes ver algunhas das súas características, procedemento de instalación e funcionalidades:

Unha vez instalada a aplicación pode que indique que non hai ningún alumno/a rexistrado. Nese caso proben a contactar coa Unidade de Atención a Centros: 881 99 77 01.

 

O envío do sms de activación pode demorarse ata 3 minutos.

O contrasinal de usuario debe cumprir os seguintes requisitos:

  • Conter como mínimo 8 carácteres
  • Conter polo menos unha maiúscula, unha minúscula e un número.
  • Non coincidir cos últimos 5 contrasinais anteriores (debe ser distinto en 3 carácteres como mínimo).
  • Non pode estar composto polo DNI nin o nome ou apelidos do propio usuario.

Podes ampliar información aquí:

- Guía para familias.

- Preguntas frecuentes.

Distribuir contido