Actividades (MUS)

Visita a Celanova, terra de Curros e Celso Emilio

O alumnado de 1º de bacharelato, 4º ESO PDC e Club de lectura tivo unha xornada moi especial neste 25 de abril. Acudiron ata Celanova, o que significou a décima visita do instituto.

A saída comezou coñecendo a vila de Vilanova dos Infantes, descubrindo a súa historia a través da Torre da Homenaxe, a virxe do Cristal e o museo dos zapateiros.

Álbum: Curso 2023/2024 -> Saída a Celanova, terra de Curros e Celso Emilio

Concerto da Real Filharmónica de Galicia

Desfrutando da música clásica en directo! Alumnado de 3°, 4° e 1° de bacharelato asistiron ao concerto da Real Fillharmonía de Galicia o 7 de marzo ás 20:00 no Teatro A fundación. Unha experiencia para repetir!

Álbum: Curso 2023/2024 -> Concerto da Real Filharmónica de Galicia

Concerto de Nadal 2018

          En decembro o alumnado de música deleitounos cun marabilloso "Concerto de Nadal". Gracias á profesora Araceli, quen a gravou co seu móbil, podemos ofrecervos este vídeo no que se ven algúns fragmentos das interpretacións:

VII Encontro do Alumnado de Música de Galicia

     O pasado xoves 26 de abril o IES Castelao participou no VII Encontro do Alumnado de Música de Galicia, celebrado no Auditorio Mar de Vigo. Dado que este ano o Encontro tivo lugar na nosa nosa cidade, o noso instituto tamén colaborou como centro anfitrión. En total, participaron 17 centros de Secundaria de toda Galicia e perto de 700 alumnos. O Encontro foi organizado pola Asociación do Profesorado de Música de Secundaria, Asomúsica.

     Do noso instituto acudiu o alumnado de Música de 4º ESO e 1º de Bacharelato, grupos que interpretaron a canción "Shake it out" de Florence&The Machine, e a sintonía da serie "El hombre y la tierra", de Antón García-Abril. Ademais, asistiron a obradoiros de Danzas do Mundo, Canto, Baile Galego e Percusión Brasileira, nunha xornada á que se sumou tamén o alumnado francés que veu de intercambio na mesma semana. A xornada rematou cun xantar de convivencia na zona do Náutico.

Álbum: Curso 2017/2018 -> VII Encontro do Alumnado de Música de Galicia

Concerto do alumnado de Escolas Proval

          O venres 5 de maio, alumnos e alumnas do IES Escolas Proval de Nigrán estiveron no noso instituto para ofrecernos un concerto. Tocaron, entre outras, pezas de Led Zeppelin, Dire Straits e tamén interpretaron un rondó para caldeiros e chifres con botes de pintura reciclados. A actividade resultou moi interesante e divertida.

Concerto didáctico no Auditorio de Galicia

Pica aquí ou na imaxe para acceder á galería

O mércores 18 de marzo, o alumnado de música de 1º Bacharelao, 3º ESO B e C fomos escoitar un concerto didáctico ao Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela. Tocou a Real Filharmonía de Galicia, una orquestra con instrumentos das familias de corda, vento e percusión.

Actuación musical (decembro 2014)

O pasado 19 de decembro o departamento de Música organizou un concerto no que participou alumnado de diversos cursos. Aquí podes acceder ós vídeos (actuación completa e reducida) e ás imaxes.



Distribuir contido