Actividades e Concursos

Chega San Valentín

O próximo sábado día 14 de febreiro celébrase San Valentín, desde hai moito, DÍA DOS NAMORADOS. Se queres saber por que se celebra ese día... sigue lendo!

 

  

Concurso Ilustrando a Castelao

No vestíbulo están expostos os traballos participantes nos concursos "Retrato de Castelao" e "Ilustración do conto de Retrincos". Clica na imaxe para acceder á galería.

30 de xaneiro: Día da Ilustración

                

A proposta de grandes ilustradores de Galicia establécese o DÍA DA ILUSTRACIÓN en 2014 para promover esta área da cultura.

Maletas viaxeiras de Poesía e Banda Deseñada

Os libros gostan da viaxe e da sorpresa, agardan nas baldas dos andeis, nos expositores, nas Caixas de Lectura e nas Mochilas Viaxeiras por esa man que, ao abrilos, poña en funcionamento a maxia da lectura.

[Clica na imaxe ou aquí para acceder á Galería]

Premio Cervantes 2014: Juan Goytisolo

De familia de escritores (irmán do poeta José Agustín e mais do tamén narrador Luis Goytisolo -Premio Nacional das Letras 2013-), o novelista Juan Goytisolo naceu en Barcelona no ano 1931.

Fonte: Wikimedia Licenza: CC-BY-SA

Na procura dos ... libros prohibidos

 

Esta actividade pretende contribuír á formación de usuarios da biblioteca. Circula hai xa anos polas bibliotecas que, coma a nosa, andan no PLAMBE. Seguímola desenvolvendo porque pensamos que resulta útil e divertida.

Lecturas na biblioteca: Samaín 2014

O xoves, 30 de outubro e o mércores, 5 de novembro celebramos o Samaín 2014, cunha lectura de contos de medo, na Biblioteca.

Día da biblioteca (2014)

O 24 de outubro celebramos o Día da Biblioteca, instituído en 1997. En Galicia as bibliotecas escolares organízanse cada ano ao redor dun lema, que nesta ocasión era “Biblioteca escolar… matemático!!!”. Por esa razón quixemos sacar ao vestíbulo algúns dos libros desta materia que temos na nosa biblioteca; un pouco de todo: sesudos tratados, noveliñas xuvenís, cadernos de pasatempos e problemas de enxeño, exercicios para as PAU, libros divulgativos… Tamén levamos fóra a caixa de material manipulable na que hai unha chea de elementos de madeira ou goma eva cos que romper a cabeza, ou sexa, poñer a traballar os miolos.

Día da Tradución

Ao redor do 30 de setembro, celebramos unha exposición e mais un concurso sobre a tradución. Nesa data, desde 1991, conmemórase o falecemento (no século V) de San Xerome, tradutor do libro máis lido na historia da humanidade, a Biblia; el é o responsable da versión latina, a Vulgata, que foi durante moito tempo por estas latitudes a versión oficial do texto sagrado, con graves consecuencias nalgúns casos para os que a lían na versión orixinal. Pero iso é outra historia. A Biblia, por certo, está traducida a máis de 2500 linguas.

Actividades da Biblioteca (2013-2014)

Neste vídeo amósanse algunhas das actividades desenvolvidas durante o curso 2013-2014:

Tamén se adxunta a presentación en formato PDF.

Distribuir contido