Triste novembro para as Letras

          Darío Xohán Cabana faleceu o pasado 17 de novembro á idade de 69 anos. Cultivou diversos xéneros en lingua galega -poesía, novela, relatos curtos e ensaio- e  foi un dos grandes tradutores dos clásicos da literatura italiana como Dante, Petrarca ou dos trobadores occitanos. Foi, asemade, membro da Real Academia Galega desde 2006. Unha das súas obras máis coñecidas foi a novela Galván en Saor (1989). Se queres coñecer máis sobre o autor preme aquí, aquí e aquí.

                                                                                             

     Con 61 anos deixounos o sábado 27 de novembro a escritora madrileña Almudena Grandes, que iniciara a súa carreira literaria en 1989 e que nos últimos anos dedicou o seu organizado e sistemático traballo de historiadora e escritora a unha serie de seis novelas históricas sobre a posguerra da nosa Guerra Civil, nas que dá voz aos perdedores. Deixouna sen rematar, a falta do seu derradeiro Episodio. Publicarase xa póstuma, iso si, outra novela na que traballou ata o final. Recibiu en 2018 o Premio Nacional de Narrativa. Podes ler dela ou sobre ela premendo aquí ou aquí.