XA ESTÁ AQUÍ O NOVO NÚMERO DA REVISTA DO IES CASTELAO

Fiel á súa cita de fin da primavera, xa está aquí o número de 2023 da nosa revista. Nela atoparemos algunhas informacións destacadas referentes á vida do IES do Calvario, como tal, a festa de graduación, o premio no concurso de carteis das Letras Galegas, unha relación dalgunhas das actividades desenvolvidas desde o equipo da biblioteca, unha revista de prensa verbo do IES Castelao ou unha ampla reportaxe sobre a experiencia Erasmus do alumnado de adultos.

De porparte, tamén encontraremos unha longa entrevista con Xavier Queipo, algúns artigos de opinión e unha relevante mostra de creación literaria e artística, todo obra do noso alumnado.

A verdade é que este número quedou bastante aparente e sentímonos razoablemente satisfeitos do resultado. Nese sentido, queremos agradecer a todas aquelas persoas, equipos e colectivos que, dun xeito ou outro, contribuíron na elaboración deste número –na penúltima páxina atópase unha sumaria relación das persoas colaboradoras– e, en particular, a quen nos fixeron chegar as súas críticas, as que se fan con ánimo construtivo e tamén as outras, pois todas son ben acollidas, todas as sentimos cheas de boa intención e, xa que logo, de todas se pode tirar algo positivo.

Agardamos que sexa do voso interese

MOITAS GRAZAS A TOD@S

AdxuntoTamaño
00. Cousas_2023.pdf7.45 MB