Un mundo en movemento

O alumnado de 3º da ESO leva participando todo o trimestre nos Obradoiros de sensibilización en materia de estranxeiría, impartidos pola asociación Médicos do Mundo. Esta actividade ten como obxectivo a concienciación da defensa dos dereitos humanos das persoas migrantes, así como favorecer a convivencia e a cohesión social. 

 

É importante xerar conciencia crítica e sensibilizar sobra a importancia da diversidade cultural e a integración para unha boa convivencia. É por iso que resulta indispensable facer fincapé no dereito á saúde, así como derrubar os prexuízos e estereotipos arredor da inmigriación e do colectivo migrante, que, por desgraza, seguen arraigados en boa parte da nosa sociedade. 

 

Entre todas e todos poderemos facer un mundo mellor, un auténtico mundo en movemento!