Na mañá deste mércores 21, Jose Manuel Blanco Fernández , profesor de física orgánica da Universidade de Santiago de Compostela e membro da comisión da CIUG, impartiu unha charla ao alumnado de 2º de Bacharelato.
A actividade enmárcase dentro do programa “A Ponte entre o ensino medio e a Universidade”, e ten como fin achegar ao alumnado o acceso á Universidade, recursos e servizos da USC (titulacións, plans de estudo, becas, residenzas, actividades complementarias...).
Tamén lles falou das probas da ABAU, do material para a realización das mesmas, do Nerta, do funcionamento das reclamacións, e dos chamamentos para a matrícula na universidade.