Dende a Biblioteca Ramiro Fonte sumámenos á conmemoración do 8m, Día Internacional da muller.
Por iso propomos, para a hora de ler do xoves 7 de marzo (durante a 5ª sesión), unha escolma de textos narrativos, poéticos e xornalísticos que abordan este día dende diferentes perspectivas. Ademais, achegamos unha actividade máis lúdica para poñerlles cara a importantes mulleres da historia.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Ponlles cara! | 888.38 KB |
Escolma de textos 8m | 620.99 KB |