Exposición sobre o humor na obra de Carlos Casares

Durante o mes de abril contamos coa exposición Sorrisos por un mundo. O humor en Carlos Casares. Este traballo pretende, por unha parte, botar algo de luz sobre os distintos aspectos do humor tratando de responder preguntas de enorme interese: Que é o humor? Onde nace? Como é o humor noutras culturas? Cantos tipos de humor existen? Para que serve? Cal é a historia do humor en Galicia?

Por outra parte, a exposición afonda sobre o tratamento do humor na vida e obra literaria de Carlos Casares. O autor ourensán posuía un emotivo sentido do humor, dunha finura e sinxeleza nacidas da intelixencia e da paixón pola condición do ser humano para xerar historias, conectando coa fina retranca da oralidade que tan ben se lle daba. A exposición quere desmitificar a figura do escritor cunha mostra escollida de caricaturas, debuxos e fotografías onde, cada quen, poida botar un sorriso cómplice.

 

Álbum: Curso 2023/2024 -> Exposición sobre o humor. Carlos Casares