Lengua Castellana y Literatura

Exposición Francisco de Goya y Lucientes

O alumnado de 3° PDC estivo traballando estes días sobre a figura de Goya e a súa obra dentro do proxecto interdisciplinar da biblioteca ESCRIBIR CON ARTE.
Investigaron sobre as técnicas, os motivos e a traxectoria do artista. Como mostra do seu estudo fixeron as cartelas informativas dunha escolma da gran obra do pintor aragonés.

Lecturas polo Día do libro, alumnado de 2º de bacharelato

Rematamos esta semana dedicada ao Día do Libro cunhas lecturas abertas do alumnado de 2º de Bacharelato.

Xunto coas súas profesoras de Lengua castellana y literatura, seleccionaron fragmentos das obras de lectura que lles entran nas probas ABAU.

Álbum: Curso 2023/2024 -> Lecturas polo Día do libro 2º de Bach

Lecturas polo Día do Libro

Celebramos do Día do Libro como mellor sabemos: lendo!
O Departamento de Lingua castelá organizou xunto co alumnado de 1º e 3º da ESO unhas fermosas lecturas de obras recoñecidas da literatura española: 

Os de 1º da ESO leron: capítulo de 'Los Molinos' de El Quijote (adaptado); un diálogo de El Principito; la Canción del pirata; Caminante no hay camino y Romance de Fontefrida.

Os de 3º da ESO leron: adaptación de La Celestina e outra de Rinconete y Cortadillo.

 

Crónica do Parlamento Xove

Algunhas persoas din que debater é cousa de políticos. Outras din que non lles gusta porque iso implica saber falar en público e ter moita labia. Entón, por qué se lle ía dar a oportunidade de participar nun debate a uns estudantes de bacharelato?

Esa pregunta foi a que nos fixemos cando soubemos do concurso do Parlamento Xove: un torneo de debate organizado pola Xunta de Galicia no que mozos e mozas de todo o territorio galego compiten durante unha fin de semana nunha serie de enfrontamentos dialécticos. 

(fragmento) Sergio Costas, Roi Fernández, Xoel Romero e Alejandro Alonso

Parlamento Xove 2024

Parlamento Xove é un programa da Xunta de Galicia baseado nunha formación e competición na que os diversos equipos inscritos investigarán e debaterán sobre un tema formulado pola organización, tanto ‘a favor’ como ‘en contra’.

Nesta edición o IES Castelao participou na categoría de Bacharelato. Alejandro, Sergio, Roi e Xoel constituíron o grupo para debater arredor da pregunta formulada: Os Estados deben tomar medidas para limitar o desenvolvemento da intelixencia artificial?

Álbum: Curso 2023/2024 -> Parlamento Xove

Exposición Mulleres Inventoras

O alumnado de 3º ESO PDC elaborou unha exposición arredor de Mulleres Inventoras que está no recibidor do insitituto con motivo do 8m, Día Internacional da muller. 

Álbum: Curso 2023/2024 -> Exposición mulleres inventoras

Festexando San Valentín

O alumnado de Literatura Universal de 1º de Bacharelato colaborou coa Biblioteca Ramiro Fonte na preparación da actividade para celebrar San Valentín. Este fermoso mural, que leva por título “El muro de Julieta”, situouse no recibidor, onde o resto de compañeiras e compañeiros do Centro puideron deixar as súas declaracións de amor.



Magia y poesía en la Generación del 27

     O día 19 de novembro un bo feixe de alumnos de 4º e mais de 2º de bacharelato acudiron á Aula Magna da Escola Oficial de Idiomas para asistir a este espectáculo teatral no que puideron ver a dramatización dalgúns fragmentos literarios correspondentes a autores (Lorca, Miguel Hernández, Pablo Neruda, León Felipe) deste extraordinario grupo poético e mais da época, enfiados pola excéntrica personalidade do pintor Dalí. Todo enfeitado cunha pouca (ou non tan pouca) maxia.

     O espectáculo foi seguido con respecto, atención e interese.

Álbum: Curso 2019/2020 -> Magia y poesía en la Generación del 27

Día do Libro cos centros de día

     O pasado luns pola tarde, ás 16:40, tivemos unha sesión para festexar o Día do Libro cunha serie de textos destinados a un público moi especial: acompañáronnos persoas vindas de catro centros de día da cidade: Os Avós, Alcabre, Parque Castrelos e Atlántida. Eles quedaron encantados e nós tamén de recibilos, nun instituto -como algúns comentaban- ben distinto aos colexios nos que cursaron os estudos eles.

     Marabillados do noso Salón de Actos, alí puideron escoitar varios contos, poemas... que mesmo os fixeron emocionarse. E gustar gustáronlles, se xulgamos polos aplausos que lle ofreceron ao alumnado de 1º de ESO que participou.

     Como recordo, levaron cadansúa figura de Castelao para os seus centros de día, aos que volveron cando acabou o acto, contra as 17:45. Foi unha tarde diferente, tanto para os rapaces coma para os visitantes.

     Neste vídeo pódese ver boa parte da actividade:

    

     E aquí podedes disfrutar dalgunhas fotos da mesma:

Álbum: Curso 2018/2019 -> Día do Libro cos centros de día

Día do Libro no Pombal

     O 24 de abril un grupo de alumnado de 2ºC e 3ºA acudiu a contarlles historias aos alumnos de Infantil do CEIP O Pombal para conmemorar o Día Internacional do Libro.

Álbum: Curso 2018/2019 -> Día do Libro no Pombal
Distribuir contido