English

Contacontos en inglés e galego

Un ano máis tivemos a oportunidade de desfrutar co espectáculo de Contacontos en inglés e galego, esta vez con Charo Pita e Alice Fernback, dúas magníficas narradoras que nos deleitaron coas súas historias.

Nesta ocasión foi o alumnado de 1° e 3° da ESO quen tivo a ocasión de desfrutar desta forma orixinal de contar novos e vellos relatos e do humor e a profesionalidade destas dúas artistas do relato oral. E quedaron encantados!

 

Escribir en inglés con arte

O alumnado de 1º C da ESO traballou na materia de inglés para o proxecto de Centro EMOCION-ARTE. Os traballos versan sobre descricións de obras de arte coñecidas coma o Discóbolo de Mirón ou cadros de Van Gogh. 

Sen dúbida, a nosa rapaza está sumerxida neste traballo que está a afondar no coñecemento interdisciplinar. 

Álbum: Curso 2023/2024 -> Escribir en inglés con arte

Intercambio de postais de Nadal cun centro educativo de Portugal

Semella que os Reis se despistaron!

Álbum: Curso 2023/2024 -> Intercambio postais en inglés

Contacontos Inglés-Galego

As linguas de Rosalía e de Virgina Woolf entretecidas por Charo Pita e Patricia McGill para nos relatar unha escolma de historias que nos levaron a tempos e espazos distantes, pero que percibimos moi próximos. O alumnado de 4ºESO puido gozar desta experiencia o pasado mércores 19 de maio.

Álbum: Curso 2020/2021 -> Contacontos Inglés-Galego

Homenaxe a Ramón Nicolás do seu alumnado de 2º BAC

     Con motivo da recente publicación do libro Chorimas para Celso Emilio Ferreiro (Un memorial: 1979-2019) do noso benquerido profesor Ramón Nicolás, o alumnado de Inglés de 2º de bacharelato preparou unha biografía homenaxeando ao seu docente. A continuación deixámosvos unha selección do material preparado polos rapaces e rapazas. Ademais no primeiro documento podedes escoitar unha entrevista:

Charlas culturais e literarias de Burlington Books

Imaxe charla Tammy, de Burlington Books

     O xoves 20 de febreiro os alumnos de 1ºBAC e 2ºESO tiveron a oportunidade de escoitar a Tammy, de Burlington Books, impartir unhas interesantes charlas culturais e literarias.

PILI Vigo Summary

Last September a group of students from IES Castelao had the opportunity to enjoy a 3-week English immersion programme in Great Britain (P.I.L.I. Vigo) organized by the Town Council.


Here are some of their impressions:
“We went to Headington (Oxford) and it was a really good experience because we learned a lot. We learned about the typical English families, schools… We tasted their food and found out about their culture. It was fun!

International Women´s Day

          Recuperamos estas dúas redaccións en inglés que dúas alumnas de 2º de bacharelato elaboraron con motivo da celebración do Día Internacional da Muller o pasado 8 de marzo:

Distribuir contido