Eurolingua Venairlanda® lanza a súa 11ª convocatoria de Bolsas Eurolingua para a realización de Cursos de Inglés en Irlanda de dúas semanas de duración durante o verán nun programa de inmersión todo incluído.
Constan dun lote global de 20 bolsas dirixidas a estudantes universitarios, de secundaria, bacharelato ou formación profesional cunha dotación orzamentaria achegada por Eurolingua Venairlanda na súa totalidade.
O programa está financiado ao 100% e inclúe:
- Recollida no aeroporto e traslado ao aloxamento en función da idade e destino.
- A data do curso será no verán, nos meses de xullo ou agosto. No caso de forza maior, o estudante poderá modificar a data do curso.
- Aloxamento en familia ou residencia/apartamentos en función da idade e destino.
- Proba de nivel.
- Programa de 20 clases de inglés semanais.
- Material didáctico.
- Programa de actividades culturais, visitas e excursións.
- Certificado de aproveitamento do curso expedido polo colexio.
- Supervisión por Monitores de Eurolingua en destino.
- Teléfonos de emerxencia 24 horas.
- Non incluído, pero xestionable gratuitamente, o billete de avión.
PRAZO DE SOLICITUDE DA BOLSA
Ata as 23.59 horas do 21 de abril de 2024.