Skip to Content

Física e Química

Usos sostibles dos recursos da nosa contorna: obradoiro de prantas silvestres

O pasado día 4 de abril o alumnado de 2º ESO tivo a oportunidade de coñecer os diferentes usos das prantas silvestres a través dun obradoiro que completa a actividade que tiveron en 1º ESO, no que fixeron un roteiro pola zona do Instituto para a identificación de prantras silvestres.

Neste obradoiro, desenvolvido no laboratorio de química, o alumnado identificou en primeiro lugar as diferentes prantas que había en vasos nas distintas mesas dos laboratorios. 

  

A continuación explicáronse os diferentes usos destas prantas; nalgúns casos tiñan usos medicinais e noutros tiñan usos gastronómicos (que se usan tamén na alta cociña).

Por último, fixéronse diferentes receitas con prantas como filloas, crema de huntar ou zumo de prantas silvestres con ortigas.

    

Con esta actividade trátase de sensibilizar ó alumnado sobre as oportunidades que ofrece o medio e a súa contorna e á necesidade de protexer dito medio.

Estas actuacións enmárcanse dentro do CP Innova EDU sostibilidade, onde o Instituto comprométese a promover a sostibilidade da nosa contorna.

Experimentando a óptica xeométrica no IES Coruxo

O pasado 20 de marzo o alumnado de Física de 2º de Bacharelato tivo a oportunidade de consolidar os contidos vistos no curso mediante unha demostración lúdico-práctica de óptica xeométrica.

  

O encargado de dirixir o obradoiro, D. Jose Benito Vazquez Dorrio, catedrático do Departamento de Física Aplicada da UVigo e premio da Real Sociedade Española de Física, achegou todos os aparellos para facer posible este obradoiro no laboratorio de Física do IES Coruxo. 

  

A idea é consolidar os contidos vistos na clase con actividades prácticas e motivar ó alumnado ó estudo das ciencias en xeral e da Física en particular.

Física re-creativa no IES Coruxo!

Experimentando a combustión na UVigo

O pasado 23 de febreiro alumnado de 3º ESO participou en diferentes experimentos de combustión na Escola de Enxeñería de minas e enerxía da Universidade de Vigo.

A partir de diferentes explicacións sobre a combustión e en grupos de 25 alumnos/as, fixéronse diferentes experimentos nos que puido participar e manipular obxectos o propio alumnado.

  

  

Con este tipo de actividades, trátase de reforzar os coñecementos adquiridos na aula dun xeito práctico e divertido, apostando por metodoloxías no que o alumnado sexa o protagonista do seu propio aprendizaxe. Esta é a liña que buscamos para os próximos cursos.

Prohibido NON tocar: descubrindo a Ciencia no IES Coruxo

O pasado martes 30 de xaneiro tivo lugar un obradoiro adicado a ciencia no patio central do Instituto e, aínda que os principais destinatarios era o alumnado de 3º ESO, o resto de alumnado puido desfrutar parcialmente dos obxectos que estaban no obradoiro, obxectos relacionados con descubrimentos que fixeron mulleres científicas.

  

No obradoiro fixeron diferentes probas co fin de “comprender o orixe e evolución da VIDA e do UNIVERSO, facendo un percorrido dende o máis pequeno, como son os VIRUS ata o máis grande, como O UNIVERSO; dende o máis sinxelo, coma o CARBÓN, ata o máis complexo, como o WIFI”.

    

   

Os obxectos estaban postos cun lema que era prohibido NON tocar, que o que animaba era a todo o contrario, a tocar, experimentar, manipular para aprender.

   

Con este tipo de obradoiros queremos potenciar nas nosas aulas metodoloxías de ensino onde o alumnado sexa o protagonista e aprenda a través da experimentación e da observación práctica.

Esta iniciativa está dentro do CP Innova, EDUexcelencia, onde o Instituto actúa como promotor da excelencia a través do afondamento de diferentes ámbitos de coñecemento.

Descubrindo a ciencia no Hospital Álvaro Cunqueiro

Descubrir a ciencia a través de obradoiros prácticos de “Ciencia brillante” relacionados coa luz e a cor …. o pasado 18 de decembro alumnado de 2º Bacharelato asistiu a unha demostración de ciencia brillante no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, acompañado polo seu profesorado de Física e Química.

   

Nesa demostración o noso alumnado puido experimentar coa luz e a fluorescencia e os seus efectos na vida cotiá, visualizar tecidos e estruturas celulares por microscopia de fluorescencia, coñecer, por exemplo, o poder das verduras na medición do PH ou facer simulacións sobre imaxes médicas.

   

   

Estes obradoiros estiveron dirixidos por persoal investigador e técnico do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur que se ubica no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo e na que o alumnado de 2º Bacharelato puido desfrutar de forma gratuíta grazas as xestións do Departamento de Física e Química.

Programación curso 22-23

FeQ

Programación Física e Química 21-22

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut