Se ó termo percusión (conxunto de instrumentos de percusión dunha banda) lle engadimos o prefixo eco temos a ecopercussión, é dicir, instrumentos para traballar a percusión con material de refugallo como cubos de plástico ou bidóns.
Nestes obradoiros, que se desenvolveron o pasado xoves 11 de xaneiro con 2º da ESO, o alumnado puido aprender a traballar o ritmo, desenvolver a súa capacidade motriz e traballar de forma coordinada cos seus compañeiros exercitando a disciplina necesaria e, ao mesmo tempo, pasalo ben, liberando estrés.
Isto foi posible grazas a que o Departamento de Música organizou esta actividade coa idea de afondar na aprendizaxe do ritmo e tamén grazas a colaboración e participación do percusionista cubano Didier Díaz
O alumnado puido desfrutar desta experiencia no patio exterior do Instituto, e para mostra os seguintes vídeos:
Esta iniciativa está dentro do CP Innova, EDUexcelencia, onde o Instituto actúa como promotor da excelencia a través do afondamento de diferentes ámbitos de coñecemento.