Skip to Content

Novas

Novas

Reunión coas familias no IES Coruxo de todos os cursos

O vindeiro xoves, 19 de outubro, terán lugar as reunións iniciais coas familias segundo este horario.

  • 16.00.- 1ºESO
  • 16.45.- 2ºESO
  • 17.30.- 3ºESO
  • 18.15.- 4ºESO
  • 19.00.- Bacharelato

Nun primeiro momento, as familias serán recibidas no salón de actos para presentarlles o equipo directivo, o departamento de orientación e mais a ANPA. A seguir subirán cos titores e titoras á aula de cada grupo.

Pregamos a presenza de todos e todas

Horario autobuses luns tarde

A continuación detallamos os horarios dos autobuses dos luns pola tarde desde as cabeceiras, coas paradas intermedias que realiza. Pedimos que estén cunha antelación suficinte, antes de facer cada alumno/a os seus propios axustes horarios.

Os horarios da cabeceira dos autobuses de ida serían os seguintes:

  • LIÑA 1. Travesía de Vigo, 97 - Gran Vía (15:50) - Castrelos - Florida  - Rúa Teixugueiras/o Limpiño - IES Coruxo
  • LIÑA 2. García Barbón, 139 (15:25) - Praza da Industria  (16:00) - Avda Atlántida - Teixugueiras 29/38 - IES Coruxo
  • LIÑA 3. Camelias, 40 (16:00) - Castelao - Teixugueiras, 22 - San Paio - IES Coruxo
  • LIÑA 4. Estomada (16:00) - Gondufe - Orxás - Prado - Saiáns - Oia Cruce Mide - Gasolineira - Canido Estación -- IES Coruxo.
  • LIÑA 5. Matamá Alvite (16:00) - San Andrés - IES Coruxo
  • LIÑA 6. Chandebrito (16:10) - Fragoselo - IES Coruxo
  • LIÑA 7. Oia-Cruceiro (16:00) – Hermida (Roteas) - Cruceiro San Miguel - Canido (praia) - IES Coruxo

 

Transporte escolar 23-24

Bo día:

Xa esá disponible no Instituto a listaxe de usuarios por paradas. Nesta listaxe indícase o alumno/a por parada asignada. Poden consultar dita lista no taboleiro do instituto ou a través das formas de contacto habitual (886 111 016).

Nas liñas 1, 2 e 3 (as que pasan por Teixugueiras) van os autobuses totalmente cheos, polo que NON HAI nestes intres prazas dispoñibles para Bacharelato. Na liña 7 tampouco puidemos ubicar ao alumnado de bacharelato Nas restantes liñas (4, 5 e 6) SÍ ubicouse a alumnado de Bacharelato de forma provisional.

A continuación detallamos os horarios dos autobuses desde as cabeceiras, coas paradas intermedias que realiza. Pedimos que estén cunha antelación suficinte durante os primeiros días, antes de facer cada alumno/a os seus propios axustes horarios.

Os horarios da cabeceira dos autobuses de ida serían os seguintes:

  • LIÑA 1. Travesía de Vigo, 97 (7:20) - Gran Vía - Castrelos - Florida  - Rúa Teixugueiras/o Limpiño - IES Coruxo
  • LIÑA 2. García Barbón, 139 - Praza da Industria (7:35) - Avda Atlántida - Teixugueiras 29/38 - IES Coruxo
  • LIÑA 3. Camelias, 40 (7:35) - Castelao - Teixugueiras, 22 - San Paio - IES Coruxo
  • LIÑA 4. Estomada (7:40) - Gondufe - Orxás - Prado - Saiáns - Oia Cruce Mide - Gasolineira - Canido Estación -- IES Coruxo.
  • LIÑA 5. Matamá Alvite (7:35) - San Andrés - IES Coruxo
  • LIÑA 6. Chandebrito (7:40) - Fragoselo - IES Coruxo
  • LIÑA 7. Oia-Cruceiro (7:40) – Hermida (Roteas) - Cruceiro San Miguel - Canido (praia) - IES Coruxo

Para a volta os autobuses saen do Instituto entre as 14:15 e as 14:30, aproximadamente, unha vez rematen as clases as 14:10.

XORNADA DE COMEZO DO CURSO 2023-2024

Datas e horario da xornada de comezo do curso 2023-2024. O alumnado deberá acudir á xornada de presentación na hora indicada para cada curso ou nivel. A duración aproximada da recepción será de unha hora.

O alumnado de ESO contará con servizo de autobuses para achegarse ao centro. O alumnado de Bacharelato non poderá empregalo xa que está pendente de asignación de praza.

A continuación detallamos os horarios dende as cabeceiras das diferentes liñas só para este día de presentación. Os horarios son estimados, polo que pedimos que se presenten nas paradas con certa antelación.


Os horarios dos autobuses de ida serían os seguintes:

  • LIÑA 1. Travesía de Vigo, 97 (9.45) - Gran Vía - Castrelos - Florida 20  - Rúa Teixugueiras/o Limpiño - IES Coruxo
  • LIÑA 2. García Barbón, 139 - Praza da Industria (10.00) -Avda Atlántida - Teixugueiras 29/38 - IES Coruxo
  • LIÑA 3. Camelias, 40 (10.00) - Fragoso - Balaídos - Castelao - Teixugueiras, 22 - San Paio - IES Coruxo
  • LIÑA 4. Estomada (10.00) - Gondufe - Orxás - Prado - Saiáns - Oia Cruce Mide - Gasolineira - Canido Estación - Oia Colexio  – IES Coruxo.
  • LIÑA 5. Matamá Alvite (10.00) - San Andrés - IES Coruxo
  • LIÑA 6. Chandebrito (10.00) - Fragoselo - IES Coruxo
  • LIÑA 7. Oia-Cruceiro (10.00) – Hermida (Roteas) - Cruceiro San Miguel - Canido (praia) - IES Coruxo

 
Para a volta os autobuses saen do Instituto as 12:45

 

 

Listaxes definitivas de axudas de libros e vales material 23/24

O próximo 26 de xullo, a partires das 9:30, sacaremos a listaxe definitiva das solicitudes admitidas para as axudas de libros de texto e dos vales materiais

A partires do 26 de xullo (incluído ese día) poderán vir a buscar os vales para material as persoas solicitantes ou autorizadas (previa autorización). Os días de recolida de ditos vales serán durante todo o mes de xullo e ata o 4 de agosto. Os vales que non se recollan nesas datas se lles achegarán en setembro, ainda que prégase que veñan a buscalos antes.

Tamén se lles informará sobre os libros adxudicados ao alumno/a matriculado neste Instituto. É importante que no mesmo momento en que veñan a recoller o vale se informen dos libros que o Instituto lles vai asignar a principios de curso e que, polo tanto, non terán que adquirir en ningún caso.

O horario de recollida de vales será o seguinte:

  • Ata o 31 de xullo: De 9:00 a 13:30
  • Do 1 ao 4 de agosto: De 9:30 as 11:30 (Se veñen pola mañán pero fora desa franxa horaria chamar antes ao teléfono 886 11 10 19)

Para calquera dúbida pódennos chamar ao teléfono do IES Coruxo  886 11 10 16 ou ao teléfono 886 11 10 19

Listaxes provisionais fondos de libros 23/24

Mañá 12 de xullo, a partires das 11:30, sacaremos a listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas (coas causas de exclusión correspondentes) relativas as axudas de libros de texto.

No caso das solicitudes admitidas se lles achega o número de libros adxudicados ao alumno/a matriculado neste Instituto (entre 0 e 6 libros).

As persoas interesadas poden reclamar nos dous días hábiles seguintes (13 e 14 de xullo) á publicación desta listaxe provisional

En canto os vales para material non se poden facilitar ata que saian publicadas as listaxes definitivas, o dia 26 de xullo.

Para calquer dúbida pódennos chamar ao teléfono do IES Coruxo  886 11 10 16.

 

Libros de texto para o curso 2023/2024

Lista de libros de texto por curso e materias:

1º ESO                     2º ESO

3º ESO                     4º ESO

1º BAC                     2º BAC

Nota: Tras advertencia dunha nai e profesora, o ISBN correcto do caderno de inglés de 4º ESO é o 9789925608812.

Solicitude de admisión a Ciclos Formativos 2023/2024

Para solicitar praza nun ciclo formativo existen dúas fases: a de admisión e a de matriculación. Todo isto realizarase desde a seguinte páxina web:

 https://www.edu.xunta.gal/fp/admision-curso-2022-2023

Nesa web está dispoñible toda a información, incluído o calendario de admisión-matriculación. Son 2 fases: A primeira delas é a solicitude de admisión a ciclos e esta fase comezou o pasado 23 de xuño e remata o 5 de xullo ás 13 horas. Para elo hai que encher un formulario a través de Internet: https://www.edu.xunta.gal/ciclosadmision/ onde pedirán datos persoais, ciclos que se queiran cursar por orde de prioridade, etc. Unha vez cubertos os datos do formulario hai que darlle a "terminar e confirmar" para que se xere un documento pdf que será necesario gardar. A explicación completa a podedes atopar no seguinte vídeo explicativo:

Cabe a posibilidade de que sexa necesario presentar o documento xerado; neste caso habería que imprimir dúas copias do pdf xunto coa documentación que se solicite (esto o indican no pdf) e presentar todo nun Instituto que teña FP (IES Audiovisual de Bouzas, IES Politécnico...).

Unha vez feito todo o proceso de admisión hai que esperar a ver a lista provisoria de admitidos en cada ciclo (o día 10 de xullo, e en caso contrario reclamar) e despois se se confirma a admisión no ciclo que se quería (o 19 de xullo).

A segunda fase é a de matriculación: Unha vez publicada a lista de persoas admitidas a ciclos, o 19 de xullo, SO HAI CATRO DÍAS LECTIVOS para matricularse nesta primeira adxudicación (do 19 ao 24 de xullo). A matriculación realizarase no centro onde fose admitido, presencialmente. É recomendable chamar ao centro ou buscar na páxina web do mesmo se hai algunha información sobre a documentación necesaria para a matrícula (fotocopia do DNI, número de fotos...) 

Tedes máis información no apartado de ORIENTACIÓN da aula virtual do centro:

 

Documentos matriculación curso 23-24

Achegamos os impresos que deberán ser entregados na secretaría do centro nos prazos indicados.

O alumnado da ESO usuario de transporte escolar tamén deberá imprimir e entregar a folla de transporte escolar, indicando liña e parada.

O alumnado de bacharelato que solicite transporte escolar tamén deberá entregar a folla de liña e parada e esperar a que se lle indique se pode utilizar transporte escolar ou non

Prazos de matrícula curso 23-24

PRAZOS DE MATRÍCULA CURSO 23-24

Matrícula 1º ESO: do 27 ao 29 de xuño

                          Documentación:

                          Impreso de matrícula

                          Fotocopias DNI (alumna/o, nai, pai, titor/a legal)

                          3 fotos carnet actuais (con nome, apelidos e curso pola parte de atrás)

                          Fotocopia tarxeta sanitaria

                          Certificado de estudos (só alumnado de centro non adscritos)

 

Matrícula 2º ESO, 3º ESO, 4º ESO, 1º BAC, 2º BAC: do 3 ao 6 de xullo

                         Documentación:

                         Impreso de matrícula

                         3 fotos carnet actuais (con nome, apelidos e curso pola parte de atrás)

                         Pago seguro escolar (1,5 euros en Conserxería)

                 Para alumnado novo no centro nestes cursos:

                          Fotocopias DNI (alumna/o, nai, pai, titor/a legal)

                          3 fotos carnet actuais (con nome, apelidos e curso pola parte de atrás)

                          Fotocopia tarxeta sanitaria

                          Certificado de estudos

 

NON SE RECOLLERÁN MATRÍCULAS INCOMPLETAS                    

Distribuir contido


by Dr. Radut