Skip to Content

Viaxe cultural 1º bacharelato

(Fai clic para acceder á galería)

Durante a semana do 18 ao 22 de marzo, un grupo de estudantes tivo a oportunidade de mergullarse na historia e na arte a través dun percorrido enriquecedor por distintas cidades e lugares emblemáticos.

Chegada do alumnado francés do intercambio 23/24

O alumnado de Annecy que participa no intercambio de Francés xa está aquí! Velaquí a foto que tiraron ao chegaren ao aeroporto da Lavacolla.

XORNADAS DE ORIENTACIÓN 2024 A CORUÑA "TI ELIXES"

Maña día 3 ábrese o prazo para inscribirse nas Xornadas de Orientación Artística e Profesional (XOAP 2024), que están organizadas polo Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña e teñen como obxectivo informar sobre os estudos Superiores de Deseño e os ciclos de Formación Profesional.

Admisión alumnado curso 2024/2025 - Necesidade de baremación

Unha vez concluído o prazo ordinario de solicitude de admisión, dada a insuficiencia de postos escolares dispoñibles para atender todas as solicitudes presentadas en 1º da ESO para o curso 2024/2025 e de conformidade co disposto no artigo 30.2 da Orde de 21 de outubro de 2022, ábrese un prazo de 10 días hábiles para que, os que aínda non o teñan feito, presenten de forma presencial a documentación xustificativa dos criterios de baremo alegados para realizar a valoración e establecer unha orde de prelación.

 


Curso

Necesidade de baremación

1ºESO

Si

2ºESO

Non

3ºESO

Non

4ºESO

Non

1ºBAC

Non

2ºBAC

Non


Nos cursos onde non hai necesidade de baremar, todas as solicitudes presentadas obteñen praza

Listados:

  • Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 25 de abril.
  • Reclamacións contra as listaxes provisionais: no prazo de 5 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
  • Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: antes do 15 de maio.

Resolución definitiva bolsas de estudo do MEC curso 2023/2024

Xa saíu publicada a resolución definitiva das bolsas de ESTUDO DO MEC. CONVOCATORIA XERAL CURSO 23/24.

Bolsas MEC para estudos post-obrigatorios no curso 2024/2025

Aberto o prazo de presentación de solicitudes ata o 10 de maio.

Distribuir contido


by Dr. Radut