portada30

Visita do decano da Facultade de Humanidades de Lugo

Hoxe repetiu a súa visita do ano pasado ao IES de Sar o decano da Facultade de Humanidades de Lugo Gonzalo Francisco Fernández Suárez para falarlle de xestión cultural ao alumnado de 1° de Bacharelato de Artes e para animalos a que cursen o grao e o máster de Xestión Cultural, que se imparten nesta facultade de Lugo.
Moitas grazas por repetir!
 
 

Traballos do noso alumnado de 1º de Bacharelato E e F para o proxecto salvavidas

Compartimos algúns traballos do alumnado de 1° de Bacharelato E e F para o Proxecto Salvavidas, no que este ano participan as nosas profesoras Chus Gómez, Pamen García, Tamara Paredes e Zoraida Barral para concienciar da importancia de doar sangue desde idades temperás.

 

Programación de actividades polo 30 aniversario

Neste mes de xaneiro,  o IES de Sar vén de facer 30 anos. Por iso quixemos preparar unha programación de actividades moi especial para celebralo con toda a comunidade educativa. Entre febreiro e maio, o noso alumnado terá ocasión de participar nunha chea de propostas educativas, culturais e científicas que confiamos en que non esquezan.

Intercambio co IES de Sar do programa Eduexchanges

Xa está en Compostela o alumnado e profesorado que participa do intercambio co IES de Sar a través do programa Eduexchanges. Trátase dun intercambio co centro italiano Alessandro Volta .Esperamos que desfruten da cidade e do trato hospitalario das familias do noso alumnado que os acollen estes días.

Casas que o noso alumnado ten no Sar

As casas que o noso alumnado ten no Sar. Obras construídas con baleiros cheos de cor e retallos de vivencias manipuladas por unha ollada que convida a entrar nelas.
Arquitecturas pautadas polo maxisterio preciso do seu profesor Manuel de la Rosa.
 
 
 

Curtametraxe Gaza(Premio Goya, 2017)

Tivemos ocasión de ver a curtametraxe Gaza (Premio Goya, 2017), presentado por Sara Ashour e compañeiras da Fundación Araguaney. Un filme duro que dá conta da terrible situación que se está a vivir na franxa de Gaza desde hai décadas.
Grazas a Mercedes Monteagudo por convidala.
 

O noso alumnado recolle 312 kg de plástico nas praias de aguiño e algúns gramos de pellets.

Contra vento e marea. o noso alumnado voluntario do noso centro, acompañado por Pancho Lapeña e Sonia Dopazo, deu unha lección de compromiso co medio ambiente, recollendo 312 kg de plásticos nas praias de Aguiño e algúns gramos de pellets nas praias de Ribeira e Porto do Son.

Todo un exemplo. Un día para aprender doutro xeito.

 

Convocatoria de Probas de Acceso aos CICLOS FP Graos Medio e Superior

Saiu publicada no DOG do pasado día 8 de xaneiro a convocatoria das probas de acceso a ciclos de Grao Medio e Superior. Aberto aos que xa teñades 17 anos ou os cumprades durante 2024 (Para as de Grao Medio) e aos que teñades 19 anos ou os cumprades en 2024 (para as de Grao Superior)

Enlace á convocatoria no DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240108/
AnuncioG0655-221223-0002_gl.html

Enlace á información xeral sobre as probas: https://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/10510

Calendario do proceso: https://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/10509

Saída o Museo Nacional de Ciencia y Tecnología(Muncyt) e o Aquarium Finisterrae do noso alumnado de 4º da ESO

O noso alumnado de 4º da ESO tivo a ocasión de coñecer dous dos centros científicos máis importantes da cidade da Coruña: o Museo Nacional de Ciencia y Tecnología (Muncyt) e o Aquarium Finisterrae.

Saída á Domus da Coruña de 3º da ESO e de 1º de Bacharelato de Ciencias

O noso alumnado de 3º da ESO e de 1º de Bacharelato de Ciencias tivo a sorte de facer unha saída á Domus da Coruña para coñecer o funcionamiento e a histoloxía cardíaco.

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer