portada30

Listaxe de alumnado que ten que remitir documentación

Listaxe de solicitudes que precisan de remisión de documentación relacionada coa comprobación de datos citada no artigo 8.1 da Orde de convocatoria (apartados c, d, e, f) O contido destes requisitos poderá consultarse mediante o número de documento identificativo (DNI, NIE, etc.) do/a representante, na aplicación “online” dispoñible na páxina web https://www.edu.xunta.gal/axudasle/. Para consultar a listaxe, clicar aquí

Cuestionario alumnado e familias . Avaliación de diagnóstico 2º ESO

 Estimada familia,

O seu fillo ou filla, que cursa 2º da ESO, vén de participar nas probas da avaliacián de diagnástico. No día de hoxe foille  entregada unha carta dirixida a vostedes na que se solicita que respondan un cuestionario de contexto específico para o alumnado e as súas familias.

Na carta indícase a páxina web https://enquisas.edu.xunta.gal/272794  e a clave de acceso para cubrir o cuestionario en liña. O prazo para esta tarefa remata o 30 de abril de 2024. Para encher o cuestionario en liña, é preciso ter conexión a Internet e un dispositivo electrónico (ordenador, teléfono intelixente, tablet).

Se a vostedes non lles resulta posible realizar o cuestionario en liña, poden solicitar a súa versión en papel entregando cuberto o recortable da carta no centro educativo, a través do seu fillo ou filla.

Moitas grazas pola súa colaboración.

IES de Sar, Santiago de Compostela, 22 abril do 2024

Calendario fin de curso convocatoria ordinaria 2º Bacharelato 23_24

CALENDARIO FIN DE CURSO ALUMNADO 2º BACHARELATO CONVOCATORIA ORDINARIA  2024



29 abril

6 maio

Exames de pendentes consultar na web do centro

MAIO

15

 Último día lectivo

 Avaliacións

 Entrega de notas a partir das 21:30 por Abalar Móbil.

16

Ás 9:30h no Salón de Actos, reunión informativa coa Xefatura de Estudos e o departamento de Orientación, na que se entregará documentación para o alumnado que titula na convocatoria ordinaria.

16, 20

Se hai desacordo coa cualificación obtida nalgunha materia, pódese solicitar a revisión das cualificacións ante o/a profesor/a, para o que hai que entregar cuberto o (modelo1) na conserxería do centro ou a través do correo:ies.sar@edu.xunta.gal

 

Despois da entrevista co profesorado, no caso de persistir o desacordo coa cualificación obtida, poderase solicitar por escrito a revisión da cualificación por parte do departamento da materia.


Esta solicitude (modelo2) irá dirixida á dirección do centro e se presentará na conserxería ou a través do correo:ies.sar@edu.xunta.gal

22

 Comunicación das resolucións das reclamacións no centro

23

e

24

No caso de persistir desacordo coa decisión poderase facer unha reclamación ante Xefatura Territorial

 

Prazo para presentar por escrito á dirección do centro unha reclamación ante a Xefatura Territorial.

Neste caso, cubrir o (modelo3) e entregar no centro de xeito presencial ou a través do correo electrónico:ies.sar@edu.xunta.gal antes das 12:00 h do 24 de maio.

XUÑO 

Ata o 3

Preparación das ABAU

4,5 e 6

Probas ABAU

 

Admisión alumnado 24/25

Dende o día de hoxe, pódese consultar a listaxe dos alumnos e alumnas admitidos@s para o próximo curso 2024/2025.

A consulta pódese facer, ben no tablón de anuncios do centro, ou ben na páxina da Xunta: admisiónalumnado, empregando a chave 365 ou certificado dixital da Fábrica Naciona de Moeda e Timbre. Cumprindo as normas vixentes en materia de protección de datos persoais, NON se poderá consultar por ningún outro medio físico ou electrónico, nin se poderá dar información telefónica.

A dirección,

Admisión 24/25

Todo o alumnado que presentou a solicitude de admisión neste centro para o vindeiro curso, esta ADMITIDO

As listaxes serán publicadas a partir do 25 de Abril

Admisión alumnado curso 24_25

Inicio do proceso de admisión do alumnado para o vindeiro curso 24_25. O prazo para a presentación das solicitudes vai do 1 ao 20 de marzo. Nos seguintes documentos dispoñen de toda a información precisa

1. Instruccións xerais

2. Prazos

3. Baremo

4. Vacantes do centro

5. Manual para as familias

6. IPREM

7. Modelo de solicitude en galego

8. Modelo de solicitude en castelá

9. Mapa de influencia

Estamos rematando coas actividades que organizamos este curso para conmemorar a apertura do IES de Sar en 1994

Estamos rematando coas actividades que organizamos este curso para conmemorar a apertura do IES de Sar en 1994. E hoxe tocou outro prato forte.
Visitounos Faia Díaz, do grupo De Vacas, exalumna do centro entre 2004 e 2006, cando cursou entre nós o Bacharelato de Artes.
Unha muller cun talento descomunal. Humilde, xenerosa e boísima comunicadora. Vamos, unha alFaia.
Foi unha honra e un pracer tela entre nós.
E como os recordos que garda do noso centro son bos, comprometeuse a presentar o seu novo disco cando saia en outubro.
Grazas a Emma Fraiz Constenla por presentala.
 

Asistencia do noso alumnado de 4° da ESO a unha exposición

Asistencia do noso alumnado de 4° da ESO a unha exposición de banda deseñada no Auditorio de Galicia, acompañado polas profesoras Ana Rial Aparicio e Sonia Dopazo.

 

Hoxe volveu á súa casa Diego Vidal, exalumno do Bacharelato de Artes no noso centro

Hoxe volveu á súa casa Diego Vidal, exalumno do Bacharelato de Artes no noso centro entre os anos 2013 e 2015, que se está a converter nun dos escultores emerxentes de máis proxección no noso país. Ademais, como tamén é doutorando na Facultade de Bellas Artes de Valencia, onde xa imparte docencia na materia de Escultura, non é tan doado que lle cadre pasar polo instituto ao que chegou desde Boqueixón, hai agora dez anos, para dar os seus primeiros pasos formativos neste mundo das artes.
Foi un pracer escoitalo esta mañá. Fala coa mesma honestidade coa que esculpe e o noso alumnado de 2° de Bacharelato de Artes aproveitou moito a súa visita.
Ademais tivemos a sorte de que accedera a crear o deseño da escultura conmemorativa do noso 30 aniversario. Nalgunha das fotos aparece con ela nas mans. Unha tirada de 30 pezas en cerámica branca que gardaremos no centro como unha semente do futuro luminoso que sabemos que lle espera.
Grazas, Diego!
 
 

Animádevos a participar nesta iniciativa

Animádevos a participar nesta iniciativa de Rosa Gómez, unha das nosas profesoras de Matemáticas.

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer