portada30

Parabéns a Tomé Mouriño, un dos integrantes de De Ninghures

Parabéns a Tomé Mouriño, un dos integrantes de De Ninghures, por este recoñecemento.
Tomé fixo os seus estudos de Secundaria e Bacharelato no noso instituto e, precisamente, este venres, na festa que estamos organizando para celebrar o noso 30 ANIVERSARIO, imos ter a oportunidade de escoitalo, acompañado pola súa irmá Lidia. Dous exalumnos que non esquecemos.

Moitos parabéns á nosa alumna Alba Graña Rodríguez por ter acadado o 3° Premio na Categoría Nacional do Certamen Ciceronianum 2024.

Moitos parabéns á nosa alumna Alba Graña Rodríguez por ter acadado o 3° Premio na Categoría Nacional do Certamen Ciceronianum 2024.

Tamén temos futuro no IES de Sar nos estudos clásicos.
E moitos parabéns tamén ao seu profesor de Latín e Grego, José Manuel Blanco Roo, polo seu excepcional traballo á hora de preparala para afrontar este reto con tanto éxito.
 
 

Visita ao centro de Marta Insua, a directora da serie web Nómades, da productora Mala Herba.

Hoxe estivo no centro Marta Insua, a directora da serie web Nómades, da productora Mala Herba.
O alumnado de 1° de Bacharelato de Artes asistiu ao visionado dos seis 3 capítulos e Marta explicounos quenes eran, como se formaron, como xurdiu o proxecto e como se financiou.
Foi interesante ver a súa calidade de factura, tendo detrás un equipo de mozos e mozas de vinte. Temos bos profesionais comezando a sua carreira!
Ademais, moitas e moitos alumnos/as sentíronse identificadas/os co tema da serie.
As fotos corresponden ao coloquio posterior.

Hoxe visitounos Xoán Fontaíña, biólogo do CEM (Cooperativa de Educación Ambiental)

Hoxe visitounos Xoán Fontaíña, biólogo do CEM (Cooperativa de Educación Ambiental), para darlle unha charla sobre Espazos Naturais e Rede Natura ao alumnado de 1° da ESO dentro do Proxecto Naturézate.
Unha actividade organizada polo departamento de Bioloxía.
 

Estes días tamén anda na neve, concretamente en Andorra, o noso alumnado de 3° da ESO.

Estes días tamén anda na neve, concretamente en Andorra, o noso alumnado de 3° da ESO.
Acompañados da súa profesora de Educación Física, Isabel Varela Barcón, e do seu profesor de Filosofía, Pancho Lapeña, fannos chegar estas fotos tan chulas.
 
 

Hoxe tocou visita ao Loro Parque en Puerto de la Cruz do alumnado de 4º da ESO

Hoxe tocou visita ao Loro Parque en Puerto de la Cruz. Non teñen pinta de estalo pasando moi mal...

 

Charla ao alumnado de 2° de Bacharelato de Artes titulada ESTUDIOS PROFESIONAIS E SUPERIORES DE ARTES E DESEÑO.

O venres pasado, a vicedirectora da Escola de Arte Superior de Deseño Mestre Mateo, Elisa González Penas, deulle unha charla ao alumnado de 2° de Bacharelato de Artes titulada ESTUDIOS PROFESIONAIS E SUPERIORES DE ARTES E DESEÑO.

Xa está en Tenerife o noso alumnado de 4° da ESO

Xa está en Tenerife o noso alumnado de 4° da ESO. Acompañado da súa profesora de Matemáticas, Rosa Gómez, e do seu profesor de Xeografía e Historia, José Martínez Crespo, hoxe tocou subir ao Teide.

 

Visita ao Museo das Peregrinacións do alumnado de intercambio con Italia.

Visita ao Museo das Peregrinacións do alumnado de intercambio con Italia.

 

Hoxe tivemos entre nós a Jaione Camborda

Hoxe tivemos entre nós a Jaione Camborda. Un luxo. O alumnado que cursa Cultura Audiovisual puido ver O Corno e ter un coloquio coa súa directora. Unha película extraordinaria que puidemos ver na súa versión orixinal en galego.
Jaione Camborda xa forma parte da historia do cine español ao ter sido a primeira directora de cine do Estado en recibir a Concha de Oro á Mellor Película no Festival Internacional de Cine de San Sebastián.
Grazas por vir e contarnos a túa experiencia con tanto rigor e plasticidade. Jaione tamén crea beleza cando fala de cine.
E mil grazas á nosa profesora Minia Regos por facilitarnos traela.
 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer