portada30

Estamos rematando coas actividades que organizamos este curso para conmemorar a apertura do IES de Sar en 1994

Estamos rematando coas actividades que organizamos este curso para conmemorar a apertura do IES de Sar en 1994. E hoxe tocou outro prato forte.
Visitounos Faia Díaz, do grupo De Vacas, exalumna do centro entre 2004 e 2006, cando cursou entre nós o Bacharelato de Artes.
Unha muller cun talento descomunal. Humilde, xenerosa e boísima comunicadora. Vamos, unha alFaia.
Foi unha honra e un pracer tela entre nós.
E como os recordos que garda do noso centro son bos, comprometeuse a presentar o seu novo disco cando saia en outubro.
Grazas a Emma Fraiz Constenla por presentala.
 

Asistencia do noso alumnado de 4° da ESO a unha exposición

Asistencia do noso alumnado de 4° da ESO a unha exposición de banda deseñada no Auditorio de Galicia, acompañado polas profesoras Ana Rial Aparicio e Sonia Dopazo.

 

Hoxe volveu á súa casa Diego Vidal, exalumno do Bacharelato de Artes no noso centro

Hoxe volveu á súa casa Diego Vidal, exalumno do Bacharelato de Artes no noso centro entre os anos 2013 e 2015, que se está a converter nun dos escultores emerxentes de máis proxección no noso país. Ademais, como tamén é doutorando na Facultade de Bellas Artes de Valencia, onde xa imparte docencia na materia de Escultura, non é tan doado que lle cadre pasar polo instituto ao que chegou desde Boqueixón, hai agora dez anos, para dar os seus primeiros pasos formativos neste mundo das artes.
Foi un pracer escoitalo esta mañá. Fala coa mesma honestidade coa que esculpe e o noso alumnado de 2° de Bacharelato de Artes aproveitou moito a súa visita.
Ademais tivemos a sorte de que accedera a crear o deseño da escultura conmemorativa do noso 30 aniversario. Nalgunha das fotos aparece con ela nas mans. Unha tirada de 30 pezas en cerámica branca que gardaremos no centro como unha semente do futuro luminoso que sabemos que lle espera.
Grazas, Diego!
 
 

Animádevos a participar nesta iniciativa

Animádevos a participar nesta iniciativa de Rosa Gómez, unha das nosas profesoras de Matemáticas.

 

Un mestre composteiro do Concello de Santiago ensinounos os segredos dun bo compost

Esta tarde, no Club de Ciencia, un mestre composteiro do Concello de Santiago ensinounos os segredos dun bo compost.
Quedámoslle moi, moi agradecidos.
 

Despois de 30 anos sen pintar, por fin temos unha cancha nova o noso alumnado

Despois de 30 anos sen pintar, por fin temos unha cancha nova para que o noso alumnado desfrute das actividades deportivas ao aire libre con seguridade e calidade. Un traballo impecable feito nas dúas ultimas semanas pola Unidade Técnica da Consellería de Educación.

 

O grupo de igualdade do centro coordinou a celebración do Día do Libro na biblioteca

O grupo de igualdade do centro coordinou a celebración do Día do Libro na biblioteca, guiado por Sabela Abalo.

 

 

O alumnado de Bioloxía de 1º de Bacharelato participou no proxecto de ciencia ciudadana "Vigilantes del suelo"

Durante esta semana, o alumnado de Bioloxía de 1º de Bacharelato participou no proxecto de ciencia ciudadana "Vigilantes del suelo". Colleron mostras de solo no patio do instituto e analizárono para coñecer o seu estado de saúde, fixeron unha estatística cos resultados e subíronos a unha base de datos centralizada mediante unha aplicación. Cos resultados recollidos o Centro de Investigación Agroalimentaria de Aragón elaborará un mapa de calidade de solos para toda España.

 

 

Listaxe de alumnado que ten que remitir documentación

Listaxe de solicitudes que precisan de remisión de documentación relacionada coa comprobación de datos citada no artigo 8.1 da Orde de convocatoria (apartados c, d, e, f) O contido destes requisitos poderá consultarse mediante o número de documento identificativo (DNI, NIE, etc.) do/a representante, na aplicación “online” dispoñible na páxina web https://www.edu.xunta.gal/axudasle/. Para consultar a listaxe, clicar aquí

Onte foi un día para divertirse en Disney.

Onte foi un día para divertirse en Disney.

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer