portada30

Diego Tarrío cursou o Bacharelato de Ciencias e agora anda pola fermosa cidade de Uppsala

Non só se formaron artistas destacados no IES de Sar. Diego Tarrío cursou o Bacharelato de Ciencias e agora anda pola fermosa cidade de Uppsala, ensinando na súa universidade Física Nuclear Aplicada.

 

Compartimos esta reseña xornalística doutra exalumna do IES de Sar

Como o mundo é un pano e as RR.SS. nos achegan dun xeito ás veces impredecible, compartimos esta reseña xornalística doutra exalumna do IES de Sar, compañeira de Amara Caruncho, primeiro no noso instituto e despois na UDIT (Universidad de Diseño y Tecnología) de Madrid.
Soubemos das dúas estes días e celebrámolo dando conta do seu talento creativo, investido neste caso en iniciativas emprendedoras de gran mérito.
 

A nosa profesora de Música, María Giménez, participa nun concerto na Catedral de Cuenca

Queremos compartir algúns momentos deste marabilloso concerto no que participou a nosa profesora de Música, María Giménez, na Catedral de Cuenca.
Mil parabéns!
 

Outra exalumna do IES de Sar que está colleitando éxitos importantes no mundo da moda coa súa marca, Coconutscankill

Damos noticia hoxe doutra exalumna do IES de Sar que está colleitando éxitos importantes no mundo da moda coa súa marca, Coconutscankill.
Talento e emprendemento nun mundo o da moda no que é tan difícil destacar.
Moitos éxitos, Amara.
 
 

Membros do Club de Ciencia traballando no xardín do centro

Os membros do Club de Ciencia do instituto quedaron a traballar este martes antes das sesións de clase da tarde para deixar o xardín do centro así de chulo.
Os pensamentos de Rosalía xa están sementados En las orillas de Sar.
Grazas a Pamen García Romalde pola foto.
 

Alumnado de 1º da ESO no teatro principal

Alumnado de 1° da ESO hoxe no Teatro Principal, asistindo a unha representación da obra BAILAR AGORA.
Grazas a Xurxo Fernández Carballido por organizar a saída e polas fotos.
 

Visita dunha ilustradora extraordinaria ao IES de Sar: Natalia Colombo

Hoxe tivemos a sorte de recibir no instituto a unha ilustradora extraordinaria, que, se tiveramos que destacar unha cualidade dela, diriamos que é unha creadora de personaxes excepcional: Natalia Colombo.
Arxentina de orixe, ten as súas criaturas gráficas espalladas por todo o mundo, en edicións moi coidadas, como as que ten feito de varias obras súas a editorial Kalandraka.
Hoxe, da súa man e da da Concellería de Educación do Concello de Santiago, falounos do seu traballo creativo e, fundamentalmente, de Cerca, obra coa que gañou en 2008 a primeira edición do Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados.
Mil grazas por compartir entre o noso alumnado o teu talento.
 

Celebrando a obra e a figura literarias de Rosalía.

Celebrando a obra e a figura literarias de Rosalía.
Grazas, Alma Susmano, Katerina Mélikhova e Iker Trillo por achegar o voso talento.
E, por suposto, grazas a Teresa Meixide Portos, María Giménez e Ana Rial por facelo posible.
Que faríamos no IES de Sar sen María Giménez, sempre disposta a achegar o seu talento musical para facer que loza a creatividade do noso alumnado!
 

Reserva de Prazas Curso 24_25

Dende o día de hoxe, pódese consultar presencialmente a listaxe de alumnado admitido procedente de centros adscritos. Todas as solicitudes de alumnos/as de centros adscritos están admitos/as. Reserva curso 2024/2025.

Pódese consultar  a través da aplicación informática admisionalumnado, sendo necesario a chave 365 ou certificado dixital da Fábrica Naciona de Moeda e Timbre 

Cumprindo as normas vixentes en materia de protección de datos persoais, NON se poderá consultar por ningún outro medio físico ou electrónico, nin se poderá dar información telefónica.

Durante o mes de maio-xuño haberá unha xornada de portas abertas para o novo alumnado admitido. Informaráse  da data a través desta páxina web

RECORDASE formalizar a matrícula do 24 de xuño ao 7 de xullo.

A dirección,

 

O alumnado de 1° de Bacharelato traballou nestas semanas a figura da recén falecida Dorothé Schubart

Por iniciativa do Equipo de Dinamización Lingüística, que coordina Teresa Meixide Portos, o alumnado de 1° de Bacharelato traballou nestas semanas a figura da recén falecida Dorothé Schubart, coautora do Cancioneiro Popular Galego. E esta mañá dúas desas alumnas, Almudena Aldrey e Katarina Mélikhova, compartiron na biblioteca o que aprenderon sobre a autora e o seu legado ao alumnado de Música de 3° e 4° da ESO.
Nestas fotografías que lle agradecemos á responsable da biblioteca e profesora de Música, María Giménez, podémosnos facer unha idea do bo traballo que xurdiu desta iniciativa conxunta.
Alumnado aprendendo de alumnado. Experiencia didáctica ben interesante.
Para repetir.
 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer