portada30

Concurso para o deseño da “imaxe” para o curso escolar 2011-2012 convocado pola Universidade de Santiago de Compostela

No concurso para o deseño da "imaxe" para o curso escolar 2011-2012 convocado pola Universidade de Santiago de Compostela foron gañadoras as alumnas do IES de Sar:


- 1º Premio, Nerea Vázquez Lameiro


- 2º Premio, Judith Rozas


O deseño que gañou o primeiro premio plasmouse na portada da carpeta que a USC regalou a cada alumn@ matriculado nela no presente curso escolar.

Segundo Día da Ciencia en Galego e Semana da Ciencia

SEMANA DA CIENCIA 2011/ II DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

Obras do alumnado do bacharelato de Artes ao fin do curso 2010-2011

Obras do alumnado do bacharelato de Artes ao fin do curso 2010-2011:


- 2011 xuño Altorrelevos en barro de rostros humanos realizados por alumnado de 1º de bacharelato de artes na asignatura de Volume baixo a dirección da profesora Maria Soledad Barral Ameigeiras (fai click aquí ou na galería flickr).

"Os nosos carballos sobrevivirán á chuvia ácida" traballo de 4 alumnas de Diversificación de 3º ESO, 5º Premio Luis Freire

"Sobrevivirán os nosos carballos á chuvia ácida", traballo realizado por catro alumnas de Diversificación de 3º curso da ESO (Esperanza Álvarez Vilas, Brenda Hermida Varela, Rosana Martins Cotón e Noemí Pena Vidal), merecedor do quinto premio na XIII Edición do Premio Luis Freire promocionado polos Museos de Ciencias da Coruña (para ver o traballo facer clic aquí). O traballo está sometido a coyright e ampliarase o vindeiro curso.

Homenaxe a Manuel Pombo, 11 de maio de 2011

O día 11 de maio de 2011 celebrouse no IES de Sar un breve pero emotivo homenaxe ao noso compañeiro e amigo Manuel Pombo Sánchez, profesor de Filosofía e recentemente fallecido no derradeiro mes de abril.


Os que tivemos a sorte de coñecelo puidemos disfrutar da súa compañía e da súa serena sabiduría.

Día da ciencia en galego (4 de novembro de 2010): O día despois

Días despois da realización das actividades previstas, temos como resultado unha exitosa colaboración entre os dous institutos de educación implicados, o IES de Sar e o IES de Pontepedriña, nas que destacan:

- A demostración e coloquio sobre a vida e legado legal de Galileo por alumnado e profesorado (os profesores Cachafeiro e Salvador) do IES de Pontepedriña no salón de actos do IES de Sar.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer