portada30

Hoxe aos nosos estudantes tocoulles coñecer Milán.

Hoxe aos nosos estudantes tocoulles coñecer Milán.
Hai cidades que conmoven.
Castello Sforzesco, Il Duomo, Teatro d'Opera, Galería Vittorio Emmanuelle...
Grazas a Susana R. Alemparte polas fotos.
 

Extracción dun bronquio do pulmón dun porco, feita polo alumnado de Anatomía, guiado pola súa profesora Pamen García Romalde.

Extracción dun bronquio do pulmón dun porco, feita polo alumnado de Anatomía, guiado pola súa profesora Pamen García Romalde.
Un pouco de grima dá, pero o traballo está moi ben feito.
 

Moitas grazas á enfermeira Paula Boga Veiras, coordinadora de transplantes de Galicia, por vir hoxe ao centro para dar unha charla sobre transplantes

Moitas grazas á enfermeira Paula Boga Veiras, coordinadora de transplantes de Galicia, por vir hoxe ao centro para dar unha charla sobre transplantes, que sempre é de moito interese para o noso alumando.
Actividade coordinada, como todos os anos, por Pamen García Romalde.
 
 

Grazas a Álvaro Sevilla por cubrir a noticia.

Grazas a Álvaro Sevilla por cubrir a noticia. Só facerlle unha pequena corrección ao que escribe: Baldo Ramos non é o director do IES de Sar. É o seu vicedirector.

 

 

 

 

Xa está en Como (Italia) o noso alumnado participante no Programa de Intercambio EduExchanges co Istituto Orsoline S. Carlo Liceo Linguistico Europeo.

Xa está en Como (Italia) o noso alumnado participante no Programa de Intercambio EduExchanges co Istituto Orsoline S. Carlo Liceo Linguistico Europeo.
Acompañado pola profesora encargada de organizar o intercambio, Lucinda Sousa, e por Susana R. Alemparte, toda esta semana será un carrusel de vivencias e experiencias inesquecibles.

O xoves pasado, como aperitivo dos actos centrais do 30 ANIVERSARIO, recibimos á gran Paula Carballeira.

O xoves pasado, como aperitivo dos actos centrais do 30 ANIVERSARIO, recibimos á gran Paula Carballeira. Un privilexio escoitala, narrando as súas historias orais de medo, Divertida, inxeniosa, irónica.
Premio Nacional de Literatura Dramática 2023, a súa traxectoria está sementada de máis de 30 libros, centos de bolos por todo o mundo, ducias de papeis de teatro e televisión, obras de poesía e novelas que a fan unha das mulleres máis talentosas do panorama cultural de hoxe en día e unha das escritoras máis relevantes do teatro galego contemporáneo.
Pouco máis que dicir. Vamos, que fomos moi afortunados de poder tela entre nós.
Un dos pratos principais da nosa festa de aniversario.
Grazas, Paula, por facernos un oco para estar cos nosos pequenos.
 
 

Hoxe asistiron ao Teatro Principal máis de 200 alumnos e alumnas do centro

Hoxe asistiron ao Teatro Principal máis de 200 alumnos e alumnas do centro para asistir a unha función da posta en escena de Tempestades, levada á taboas polo actor de orixe arxentina Ricardo Frazer.
Unha clase práctica de teatro á que asistiu alumnado de todos os niveis educativos.
Grazas ao departamento de Lingua castelá e literatura por organizar a actividade.
 
 

Un día para non esquecer.

Un día para non esquecer.
Grazas a El Correo Gallego por facerse eco da celebración.
 
 

Visita do noso alumnado de 2° de Bacharelato de Artes á Facultade de Belas Artes e Deseño de Pontevedra

Visita do noso alumnado de 2° de Bacharelato de Artes á Facultade de Belas Artes e Deseño de Pontevedra, acompañados polos seus profesores Suso Fandiño e Montse Amigo.

 

Adianto dalgunhas sorpresas que temos reservadas para celebrar o 30 ANIVERSARIO do IES de Sar este venres 5 de abril.

Adianto dalgunhas sorpresas que temos reservadas para celebrar o 30 ANIVERSARIO do IES de Sar este venres 5 de abril.
Convidamos a toda a comunidade educativa do IES de Sar a que asista a esta festa que comezará ás 10:00 h.
Contamos con que sexa un día para gardar na memoria.
 
 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer