portada30

Complementarias

Despois de 30 anos sen pintar, por fin temos unha cancha nova o noso alumnado

Despois de 30 anos sen pintar, por fin temos unha cancha nova para que o noso alumnado desfrute das actividades deportivas ao aire libre con seguridade e calidade. Un traballo impecable feito nas dúas ultimas semanas pola Unidade Técnica da Consellería de Educación.

 

O grupo de igualdade do centro coordinou a celebración do Día do Libro na biblioteca

O grupo de igualdade do centro coordinou a celebración do Día do Libro na biblioteca, guiado por Sabela Abalo.

 

 

Onte foi un día para divertirse en Disney.

Onte foi un día para divertirse en Disney.

 

 

Visita ao IES de Sar esta tarde do noso exalumno Ángel Vieites Puente

Visita ao IES de Sar esta tarde do noso exalumno Ángel Vieites Puente para falarlle ao noso alumnado do Bacharelato de Ciencias e de 4° da ESO da súa experiencia como meteorólogo da AEMET na delegación da Coruña.
Mil grazas por volver!Visita ao IES de Sar esta tarde do noso exalumno Ángel Vieites Puente para falarlle ao noso alumnado do Bacharelato de Ciencias e de 4° da ESO da súa experiencia como meteorólogo da AEMET na delegación da Coruña.
Mil grazas por volver!
 
 

Xa en París o noso alumnado de 1° de Bacharelato.

Xa en París o noso alumnado de 1° de Bacharelato. Moitas grazas, Sonia e Xaime, por acompañalo.
Bon voyage!
 
 

Premiados no concurso sobre gustos e recomendacións literarias

Premiados no concurso sobre gustos e recomendacións literarias, organizado por María Giménez na biblioteca do centro:
Nantia Bernárdez Martínez, Iván Vilariño Álvarez e Antía Rodríguez Beis.
Moitos parabéns por facer camiño como lectores!
 
 

Últimas fotos do intercambio do noso alumnado en Como (Italia).

Últimas fotos do intercambio do noso alumnado en Como (Italia).
No Duomo de Como; no Faro Voltiano, en Brunate; nas rúas e no porto de Bellagio e no Lago di Como, cos Alpes nevados ao fondo.
 

Hai 15 días vivimos no centro "a movida de Antom"

Hai 15 días vivimos no centro "a movida de Antom" (Antom Nieto, profesor de Filosofía), unha das iniciativas máis consolidadas do noso instituto. Leva organizándose desde hai 11 anos e desta volta levaba por título INTERMITÊNCIAS DE VAGA-LUMES.
 
 
 
 
 

O persoal non docente é unha peza esencial na engrenaxe do ensino público.

O persoal non docente é unha peza esencial na engrenaxe do ensino público. Sen eses traballadores, sen a súa complicidade, dedicación e esforzo no día a día, o rumbo dos centros de ensino sería errático e atropelado.
Ás veces semella que ese persoal non está porque acostuma a pasar desapercibido. Pero os que levamos anos nesta profesión sabemos que pasa cando falta por algún motivo puntual. E pasa que as cousas deixan de funcionar como deberan e o persoal docente non sabe como valerse sen el.
E por riba, cando son empregados cordiais, agradables, xenerosos e están sempre cun sorriso na boca, que nos deixen é un motivo de tristeza.
Vai a nosa aperta coas palabras máis agarimosas para Ana Belén Oria Blanco, que nos deixa temporalmente, pero esperando que retorne a esta casa cando lle sexa posible.
Aquí toda a comunidade educativa a vai botar moito de menos.
 
 

Estes días o noso instituto é un non parar. Hoxe visitounos Jorge Mira, catedrático de Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela

Estes días o noso instituto é un non parar. Hoxe visitounos Jorge Mira, catedrático de Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela para darlles unha conferencia titulada A que altura está o ceo? aos alumnos e alumnas que estudan Física e Química nos dous cursos de Bacharaleto e en 4° da ESO. Divulgación científica de nivel.

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer