R&R Rubín&Roca

  

Hoxe 13 de febreiro no IES Francisco Aguiar cumplíronse todas as expectativas depositadas no encontro de Paco Roca e David Rubín  co alumnado do 1º ciclo da ESO .


O presentador do acto e Dinamiz(t)ador da Biblioteca non só fixo unha brillante presentación dos poñentes senón que amosou unha lixeireza de reflexos encomiable. Canso


David Rubín e Paco Roca amosaron ao noso alumnado o que debe ser un gran profesional no eido que a cada quen lle toca : Unha sabia mestura de talento nunha porcentaxe non necesariamente elevadísima e, sobre todo,  unha dose importante de traballo. As horas que confesaron adicar diariamente ao seu traballo ou o tempo que tardan en concluir cada un dos seus proxectos  son boa mostra disto. Soubemos que o "uniforme" de traballo de Paco Roca é o pixama ou que David Rubín comezou a pensar seriemente adicarse a este traballo ao coñecer a Miguel Anxo Prado, ou que a obra que máis queren de todas as súas... é a que aínda non fixeron.

 

Por último e non menos importante cumplíronse as expectativas con respecto ao alumnado  que , unha vez máis deixou moi alto o nivel do noso IES. Seguiron moi atentos a explicación e logo foron q uen de facer preguntas realmente interesantes  a Paco e David.

O resumo fixoo un compañeiro ao dicir que "este encontro vai ser moi importante para o Instituto e para o alumnado do primeiro ciclo". Nós engadimos que foi todo un luxo.

Grazas Francisco. Grazas Paco e David. Grazas rapaces, rapazas e compañeiros todos.