Linguas clásicas
VII Ludi Compostellani
O alumnado de Cultura Clásica participa de novo no Ludi Compostellani, dirixindo un obradoiro de mosaicos e gozando doutros organizados por outros centros.
XXIV Festival de Teatro Grecolatino
O alumnado de Latín, Grego e Literatura Universal asistiu, un ano máis, ao festival de Teatro Grecolatino de Lugo. Viron as obras Edipo Rey, de Sófocles, e Gemelos de Plauto, ambas representadas polo grupo Noite Bohemia.
Obra de teatro: Antígona
Alumnado de Cultura Clásica de 3º e 4º e de Latín e Grego de 4º, 1º Bac e 2º Bac, BAC1-Latín e grego, BAC2-Latín e grego, acudrion a ver a obra de teatro Antígona na sala Xulio Cuns. A obra de Sófocles foi adaptada por J. R. Martin e representada pola Casa de Castilla la Mancha.
Participación do "Ludi Compostellani"
Os 10 alumnos de Latín I particpan nos Ludi Compostellani, onde imaprtirán un curso sobre arte musivaria.
FESTIVAL DE TEATRO GRECOLATINO
Enviado por teresa o Xov, 02/03/2023 - 12:17Asistencia do alumnado de linguas clásicas á unha representación teatral
Enviado por teresa o Mér, 18/01/2023 - 13:30O luns 19 de decembro o alumnado de cultura clásica, grego e latín asistiu a unha representación teatral na Sala Xulio Cuns de Betanzos.
Alí alumnado e profesorado acompañante botaron unhas risas vendo as peripecias dos personaxes da divertida comedia de Plauto Casina.
Obradoiro de escritura micénica
Enviado por carlos o Mér, 14/12/2022 - 11:10O pasado 5 de decembro o alumnado de Clásicas recibiu un obradoiro de escritura micénica impartido pola profesora Teresa Amado. O alumnado elaborou taboíñas de barro e escribiu nelas.Tratouse dunha interesante actividade, que contribúe a achegar doutra maneira a cultura helénica ao alumnado do instituto.
Teatro grecolatino
O alumnado de Cultura clásica e Latín, de 3º e 4º de ESO e o alumnado de 1ºD e 2º D de Bacharelato acudirán a un espectáculo teatral grecolatino na sala Xulio Cuns.
Olimpiada de traducción de textos clásicos
Enviado por jfcalaza o Xov, 27/05/2021 - 09:36Olimpíada de tradución de linguas clásicas
O vindeiro mércores 26 de maio a nosa alumna Lucía Sánchez Cal participará na Olimpíada Galega de Tradución de textos clásicos.
Bonam fortunam / Kαλή τύχη, Lucía!